Categorías
Análise Autores Cultura libro Literatura

JOP

JOP JIM DODGE

Un autor tan recomendado como descoñecido. Fóbico ás cámaras e maniático dunha vida austera e discreta. Con este mesmo espírito, comedido e intenso, Jim Dodge publica unha novela intelixente e apaixonante sobre a amizade, a familia, a liberdade e a perda do medo ao mundo.

Dodge constrúe unha metáfora fabulada na que reflexiona sobre as barreiras mentais que encerran ao ser humano sobre si mesmo, fronte a medos invisibles e inimigos extraños.

‘Jop’ ergue un canto á xenerosidade e á liberdade a partir de personaxes maxicamente tenros. Ademais, a edición vai acompañada dun bo prólogo, unha entrevista ao autor, e fermosas ilustracións.

Máis información sobre o libro, clicando aquí.

Categorías
Aficións Autores Cidade Cine Cultura libro Literatura Política Global

SÁBADO POR LA NOCHE Y DOMINGO POR LA MAÑANA

SABADO NOCHE DOMINGO MAÑANA SILLITOE

Unha novela británica da década de 1950, encardinada no movemento dos “Angry Young Men”. O relato dun mozo desencantado co mundo e airado cun sistema económico brutal, e un sistema político cómplice. A actualidade do retrato de Arthur Seaton permite trasladar máis de medio século de escritura ao ano 2011 e ás rúas de Londres. Unha novela social, xénese de toda unha corrente creativa social que aínda chega aos nosos días, cunha actualidade practicamente imperecedeira e intemporal.

Máis sobre a novela, na páxina de Fantasymundo.com, clicando aquí.

Categorías
Análise Autores Cine Cultura libro Literatura

SOLARIS

solaris lem

En poucas palabras: obra mestra, imprescindible, universal, e inesquecible. Ou sexa, ‘Solaris’.

Máis sobre o libro, clicando aquí.

Categorías
Aficións Autores Cultura Debate Ecoloxía libro Literatura

LAS ALAS DEL DINOSAURIO

ALAS DINOSAURIO

Unha novela chegada de frías terras danesas que, aínda que ten unha trama “negra”, é moito máis un crossover de xéneros ca outra cousa: sentimental, familiar, científica, psicolóxica… As múltiples facetas do texto obrigan a que o lector sinta paixón por todas elas, se non haberá fragmentos que nos fagan sentir entre perdidos e aburridos. A personaxe principal, de Anna Bella, nai moza e doutoranda con problemas, está moi ben trazada, e os secundarios ao seu arredor están tamén ben definidos.

Correcta e sen estridencias, entretén e está moi ben escrita. Por iso o tempo pasa voando, se ben non é unha obra mestra. Con todo, unha lectura de fin de semana edificante e moi ben fundamentada sobre a cuestión científica que articula a trama: ¿son as aves os parentes vivos máis próximos aos dinosauros, ou non?

Máis sobre a novela, clicando aquí.

Categorías
Análise Calidade democrática Datos Historia Ideoloxía libro USA

CUBA. LA LUCHA POR LA LIBERTAD

CUBA LUCHA LIBERTAD HUGH THOMAS

Un ensaio monumental sobre un tema de actualidade e interese: o pasado, presente e futuro de Cuba. O lector hispano debe ter en conta que este é un ensaio escrito dende unha perspectiva anglosaxona: a “pertenza” castelá da illa dende o s. XVI apenas se trata, e si as relacións británicas e norteamericanas que a illa suma á súa área territorial de influencia aínda dende o s. XVIII. Ademais, o importante tempo castrista retrátase cunha certe subxectividade e sesgo negativo que introducen, ás veces, opinións e interpretacións de curiosa (e dificilmente xustificable, contundencia). Estas dúas advertencias por diante, o ensaio do historiador británico e hispanista Hugh Thomas representa un dos piares da historiografía cubana. Moi interesante.

A crítica completa, como sempre publicada en Fantasymundo.com, podedes lela clicando aquí.

Categorías
Autores Cultura Historia Ideoloxía libro Literatura Política Global

MUERTE DEL INQUISIDOR

MUERTE INQUISIDOR SCISCIA

Esta é unha novela trampa: pois parece unha investigación histórica, rigorosa e aséptica, pero non o é. ‘Muerte del inquisidor’ (Tusquets, 2011) desvela un caso, efectivamente, pero este caso funciona aquí, principalmente, como escusa. A estraña morte dun crego na Sicilia da inquisición cede o terreo de xogo para unha reflexión de fondo sobre as dualidades esenciais da vida en sociedade: liberdade-opresión, dignidade-sometemento, loita-represión… A documentación e o caso, fundamentados e verídicos, danlle leña a un lume fundamental: o do prezo da liberdade. Recomendo esta novela encarecidísimamente.

Máis sobre ‘Muerte del inquisidor’ (Tusquets, 2011), clicando aquí.

Categorías
Análise Autores Calidade democrática Debate Economía Formación Ideoloxía libro Novas ideas Política Global

PROGRAMADOS PARA TRIUNFAR

PROGRAMADOS PARA TRIUNFAR

Un ensaio de imprescindible lectura para o momento actual… e aínda despois. Cando os discursos socioeconómicos emerxentes parecen confundir, interesadamente, o “emprendedor” co “individualista”, o “empresario” coa persoa posuidora de “iniciativa”, e converter por tanto a todo individuo en “único responsable do seu destino”, esquecendo barreiras e límites impostos… Unha denuncia tan potente como a de Michela Marzano, tan ben argumentada e fundamentada, merece lerse con atención. Máis sobre o libro, clicando aquí.

Categorías
Artigo Cultura Debate Novas ideas

POR QUÉ LAS PERSONAS INTELIGENTES COMETEN ESTUPIDECES

INTELIGENTES ESTUPIDECES LEGRENZI

Un ensaio sobre a estupidez que nos demostra, outra vez máis, que a “racionalidade” ou a “intelixencia”, aplicadas de forma purista e absoluta, uniformadora e individual, carecen de fundamento. Ninguén está libre de ser un tonto de remate e, ata as persoas máis intelixentes e creídas, sempre caen na tentación da estupidez. Revelador e divertido. Máis sobre o ensaio, clicando aquí.

Categorías
Análise Cultura Historia Ideoloxía libro

UNA GUÍA DE LA ANTIGÜEDAD PARA LA VIDA MODERNA

GUIA ANTIGUEDAD VIDA MODERNA

En poucas ocasións un ten a oportunidade de aprender e entreterse ao mesmo tempo. Pois ben, esta é unha desas poucas. A actriz británica Natalie Haynes segue a estela doutros grandes actores metidos a didactas, e coa mesma brillantez có mellor de todos eles, escribe e publica este breve ensaio sobre cómo era (realmente) a vida dos gregos e os romanos. Todo iso, ademais, con leccións curiosas de posible uso contemporáneo: cómo utilizaban a moeda para evitar a especulación, cales eran as estratexias da muller para abrir a fiestra da súa opresión, ou por qué tanta xente lle tiña manía a Sócrates. Rir e saber poucas veces foron máis compatibles. Hai que aproveitalo!

Unha crítica sobre o libro, tédela clicando aquí.

Categorías
Análise Autores Cultura Ideoloxía libro Literatura Política Global

CAMPO DE CONCENTRACIÓN

CAMPO CONCENTRACION DISCH

O seu suicidio foi unha sorpresa para case todos. A morte de Thomas M. Disch deixou na SciFi unha dor fondísima e unha perda irreparable. Da súa pluma saíron algunhas das mellores novelas que se leron no xénero. E a ese pequeno grupo de obras mestras pertence esta nova tradución: de ‘Campo de concentración’ (La Factoría de Ideas, 2011). a súa erudición, intelixencia, paixón e mensaxe imperedeira sobre os límites da coherencia e a dignidade humana será de lembranza aínda durante moito tempo. E como unha novela que perdurará, merece lerse con atención. Máis sobre a novela, clicando aquí.