SOBRE MIN

Co nome de Francisco Martínez Hidalgo nacín en Santiago de Compostela. Licenciado en Filoloxía Galega e en Ciencias Políticas e da Administración, acadei o título de Doutor en Ciencias Políticas e da Administración no 2014.

Apaixonado polas Ciencias Sociais e pola formación en Ciencias Sociais, traballei arreo nas áreas de Comunicación Social, Marketing Político e Xestión Pública tanto na área privada como na pública.

Dende 2014 traballo en AUCASA S.A. e, esporádicamente, fago traballiños freelance en análise e formación en Ciencias Sociais.

Este é o meu blog persoal. Aquí expreso as miñas opnións particulares con total liberdade e plena responsabilidade, co que calquera erro ou inexactitude é, exclusivamente, responsabilidade miña.

Grazas pola túa visita!

25 de xullo de 2016

Día de Galicia