Categorías
Aficións Autores Cidade Cine Cultura libro Literatura Política Global

SÁBADO POR LA NOCHE Y DOMINGO POR LA MAÑANA

SABADO NOCHE DOMINGO MAÑANA SILLITOE

Unha novela británica da década de 1950, encardinada no movemento dos “Angry Young Men”. O relato dun mozo desencantado co mundo e airado cun sistema económico brutal, e un sistema político cómplice. A actualidade do retrato de Arthur Seaton permite trasladar máis de medio século de escritura ao ano 2011 e ás rúas de Londres. Unha novela social, xénese de toda unha corrente creativa social que aínda chega aos nosos días, cunha actualidade practicamente imperecedeira e intemporal.

Máis sobre a novela, na páxina de Fantasymundo.com, clicando aquí.

Categorías
Análise Autores Cine Cultura libro Literatura

SOLARIS

solaris lem

En poucas palabras: obra mestra, imprescindible, universal, e inesquecible. Ou sexa, ‘Solaris’.

Máis sobre o libro, clicando aquí.

Categorías
Aficións Cine Cultura Historia libro

BOGART

BOGART KANFER

A editorial Lumen publicou este ano unha das mellores biografías dunha das lendas do cine máis universais: Humphrey Bogart. Un mito pola imaxe que representou, pero tamén unha incógnita polos moitos matices e feitos interesantes que ese mito tapou ou devorou; e que agora Stefan Kanfer buscar recuperar nunha obra excepcional para os máis cinéfilos. Unha vida non só rodeada polo cine, senón tamén por unha vida persoal atormentada e tormentosa. E que ademais viviu algunhas das transformacións máis importantes da historia da industria cinematográfica: do mudo ao sonoro; a irrupción da televisión; do branco e negro á cor; etc. Podedes ler a crítica aquí.