PROXECTO “LIBERANDO LIBROS 2017”

fa91df4a3d9f3692533c5124f1b9b52e

Nesta vida un vai lendo e lendo, e vai xuntando e xuntando, facendo algo semellante a unha biblioteca, ata que -cando menos o esperas- os libros saenche polas orellas. Algo así me pasa a min. Lector empedernido, lin que lin, xuntei que xuntei, e agora teño columnas de libros que non sei onde meter.

Para máis inri, nestes tempos ásperos e duros, un dáse conta que moita xente podería ter o hábito de ler, pero os días non están para gastar en libros. É máis importante comer que ler. E vestirse. E pagar a hipoteca. E aboar as facturas. Co que, os que estamos nesta situación, temos unha solución eficiente para desfacer as columnas ociosas e contribuír coa nosa comunidade repartindo e socializando.

Con este dobre obxectivo, a partir do 11 de setembro 2017 poño en marcha o proxecto persoal “Liberando libros 2017”.  Durante cada día deste mes, liberarei 1 libro pola cidade de Santiago de Compostela. Deixareino en distintos lugares de Santiago. E publicarei nas miñas redes sociais de qué libro se trata e onde o libero, para que as persoas interesadas podan facerse con el. Ademais, para que o libro non sofra, poderei deixalo en interiores ou exteriores, adaptando a liberación á climatoloxía prevista neste día.

Por outra banda, algún dos lugares será especial, curioso, extraño ou digno de verse. Así, mentres ides a polo libro do que se trate, tamén poderedes disfrutar do espazo no que se liberou. Por se non o coñecedes.

Os libros a liberar son variopintos. Fundamentalmente novela, claro, porque tamén é o que máis lin, pero tedes ensaios e mesmo algún libro universitario. O proxecto comezará coa liberación de El juego del ángel, de Carlos Ruíz Zafón.

Para saber máis sobre qué libro se libera cada día e onde vai a estar esperando por vós, seguídeme na miña conta de Twitter @frmartinezh ou no hashtag #LiberaLibroSantiago.

Vémonos na rúa! E, se me vedes deixando o libro do día, saudádeme e aínda falamos algo. Deica!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s