ALGO DE ESPERANZA

Como todos os anos fun á Feira do Libro de Santiago de Compostela. A esperanza non a perdía a  pesar de que, ano tras ano, vía sempre o de sempre, ás librarías de sempre e cos títulos máis esperables dese mes. Pero este 2017 algo cambiou. Menos casetas, si, pero máis heteroxéneas. Vin atrevemento e ousadía en novas empresas e, especialmente, daquelas especializadas no cómic, a novela gráfica e o merchandising. Alita Cómics (Compostela) e Arigató (A Estrada) puxeron esa variedade.

Cruzo os dedos porque a Axenda da Feira, terriblemente tradicional, non acabe malogrando as cousas pero, sinceiramente creo, este é o camiño.

Ampliar o abano do literario introducindo, xunto aos xéneros tradicionais, máis variedade e máis atrevemento. Fáltanme charlas sobre novela gráfica e cómic, encontros para os afeccionados ao rol, mesmo acontecementos cosplay… Si, podo intuir os argumentos de quen cren que a banda deseñada está fóra da literatura; creo que se equivocan. Despois tamén están aqueles que cren que a banda deseñada debe ir por libre e independizarse dos demais; os feitos quítanlles a razón: a banda deseñada gañou sempre máis colaborando ca separándose.

Con todo, as esperanzas non deben permitirnos dar a batalla por gañada. Moitas cousas poden malograrse. Convén ser como o picapedreiro e insistir, sen descanso, en que menos casetas con máis variedade e unha Axenda máis dinámica, pode conseguir o que máis casetas e máis semellantes non conseguiron nos lustros anteriores.

Crucemos os dedos e insistamos. É o que hai.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s