CULTURA, PROPIEDADE E PIRATERÍA.

cultura libre punkie

Os entendidos sgaedictos din que “copiar sen permiso do autor” é sinónimo perfecto de “roubar”, á súa vez sinónimo perfecto da “piratería”. Con esta equivalencia na cachola o outro día púxenme a matinar, entón, cales foron os meus comezos como bucanero de pata de palo e parche no ollo. E cheguei á conclusión de que todo comezou, como ten que ser, cando merquei o “loro”: que no Nuevo Tocho Cheli (Ramóncín, Espasa Calpe) podería significar perfectamente “casette de doble pletina con altofalantes incorporados e ecualizador-cutre de 4 pistas”.

Que tempos aqueles, eh? Cantos de nós non lembramos con entrañable agarimo aqueles días da EXB, no patio do colexio, cando intercambiabamos as nosas cintas de música. Cando a liorta non era entre formatos (Blue-Ray vs. HD-DVD), senón entre marcas de casettes (BASF vs. TDK). Cando as cintas querían superar amplamente aos discos de vinilo e viamos aquilo como o avance definitivo, o sonido inigualable. Cando criamos que o casette de doble pletina era, co seu modo sincronizado de gravar de cinta a cinta, o mecanismo definitivo para ampliarmos a discoteca ata os máximos físicos permitidos… pola paciencia dos nosos pais. Onde quedou todo aquilo despois do CD, do DVD, do mp3!!!

casette doble pletina

Cando os únicos “canóns” (perdón polo cambio do acento) eran os do barco pirata da película da tarde -con perdón á avoa e a súa hora sacra do culebrón. Cando os programas P2P era algo tan cercano como o patio da escola ou o parque das tardes -con bocadillo de nocilla ou de manteiga e azúcar incluído. Cando os “iPods” eran “walkmans” e o maior problema que había, aínda maior que o que se lle acabasen as pilas, era que se che enganchase a cinta na cabeza-lectora e quedases sen a túa música favorita (sempre que non funcionase o truco do lapis). E cando a maior autoridade non era o Ministerio de Cultura, nin a SGAE, senón Papá e Mamá, recoñecidas e doctas autoridades na música que estaba permitida e na que non.

A memoria voa a tempos remotos coa sensación do entrañable compartir cos amigos, do furtivo escoitar música cando as autoridades non estaban (iso dos cascos era algo entre obvio e inexistente), e do adquirir unha cultura musical imprescindible para definirme como persoa e ser humano. Porque, ¿qué tería sido de min sen a música que copiaba… ademais da que mercaba?, ¿qué tipo de mundo teriamos sen música? Non quero nin pensalo.

Con estas lembranzas no maxín, e sendo coherente coa miña propia historia persoal, non podo aceptar que criminalicen o que, a través doutros métodos, se faga o que outros faciamos xa coas plataformas dispoñibles e a través dos mecanismos de intercambio que había daquela. Non son poucos os músicos de 1980 -Ramoncín mesmo recoñecíao nalgunha entrevista- que, preguntados polas súas influencias musicais, falaban dos LP ou sencillos de vinilo que escoitaban en casa dos amigos, ou lles deixaban, ou copiaban… ¿Ladróns? En absoluto. Chamábaselle, e para min ségueo sendo, unha “forma de supervivencia” para quen, querendo escoitar música, non podía comprala ou tiña problemas de acceso a ela.

Cultura e Propiedade. Dous conceptos incompatibles?

A cultura é o conxunto de significados compartidos propios dun colectivo ou sociedade calquera, e froito dun intercambio aberto e libre de actos comunicativos de diverso tipo (pictóricos, literarios, musicais, orais, sociais…). Os cambios na cultura prodúcense a partir ben dos cambios esóxenos das relacións e/ou formas de comunicación entre os membros dos grupos sociais, ben a partir dos cambios producidos endóxenamente na estrutura e membresía destes grupos.

O concepto de propiedade, sen embargo, fai referencia á posesión ben dunha materia física (produto ou mercadoría), ben do dereito a gozar dun servizo. O sentido de pertenza ou a dinámica de grupo, o construír en común un conxunto de significados compartidos, ou o libre intercambio de ideas en rituais rutinizados, son termos alleos ao sentido de “propiedade”. Aínda máis, en canto a adquisición mercantil representa unha barreira de acceso a ese intercambio (inclusión/exclusión), e a propiedade non achega significados ou valores compartidos -limítase a distinguir entre propietarios e non propietarios-, podemos recoñecela como unha condición “non cultural”. A propiedad non ten nada que ver cos procesos de construción de cultura.
cc licencia

Sen embargo, ¿que acontece cando se culturiza a propiedade ou, inversamente, cando se apropian da cultura?, ¿cal é o resultado de restrinxir o acceso a eses significados e a eses intercambios a través da súa mercantilización e capitalización? De feito, ¿pode o sistema económico-produtivo valorar xustamente os significados construídos por un conxunto difuso e aberto de persoas? Os beneficios de aproveitárense deses significados e do resultado dos procesos sociais que desembocaron na súa definición, ¿revirten dalgún xeito no grupo? Rotundamente, non.

Cando se pon á venda un disco ponse en venda moito máis que o traballo dun conxunto de músico, compositor, produtor, arreglista, distribuidor… En canto a música corresponde a un xénero musical, con un ritmo, unha melodía… unha inspiración culturalmente mediada e atribuida a un grupo cultural tan amplo como difuso. O disco posúe un valor cultural colectivo, público e universal (en canto a súa atribución non ten límites), que aqueles que o mercantilizan e de cuxos beneficios fan acopio en exclusiva, non pagan nin recoñecen. Por dicilo doutro xeito, a mercantilización da cultura cristaliza un valor colectivo que, en canto non só non se lle devolve ao grupo cultural que o xerou, senón que xera uns beneficios que tampouco reverten nel, supón unha apropiación indebida de valor cultural inmaterial.

A partir deste razoamento podemos chegar a entrar nun debate sobre “quen rouba a quen” tan negativo como improdutivo. Digo “improdutivo” porque, dende que o “equipo musical” recolle un valor que non recoñece nin paga (pois, como dixemos, en canto valor cultural é inherentemente aberto e libre), a súa transformación compositiva pode considerarse un “reintegro” que retroalimenta o ciclo de produción cultural. O xerar “propiedade” dese ciclo cultural é, en consecuencia, un resultado alleo ao proceso cultural, que debe limitarse a aqueles que, libremente e por vontade propia, decidan pagar por algo que é colectivamente propiedade súa.

Conclusión.

propiedad privada

A creación de cultura non é un proceso económico-mercantil, pero si produtivo. En canto se produce sobre un valor previamente existente de natureza aberta e libre, colectivamente construído, e previamente producido por un grupo indefinido de persoas mediante un ciclo cultural continuo alleo aos termos de “capitalización” e “propiedade”. O resultado creativo enténdese como un “input” máis dese ciclo (en canto necesario para a súa reprodución) e un “output” dese valor cultural (en canto construído a partir dun valor cultural previamente existente e independente da capacidade creativa particular).

En termos monetarios, na relación “esfera cultural” vs. “esfera económico-mercantil”, tendo en conta isto, o valor final será sempre “cero” (0): o valor recibido pola creación particular (música, literatura…) neutralízase co valor tomado previamente por éste do ciclo cultural de creación colectiva de significados (tradición cultural e musical); un valor imprescindible e inherente a calquera creación cultural.

Isto nos devolve ao comezo do noso razoamento: o pago e a “apropiación” deben ser voluntarios e limitados ao valor adicional percibido no intercambio entre creador e posible adquisidor. Un valor que, en canto subxectivo, non debe en ningún caso ser límite ou barreira para o acceso a un ciclo cultural universal, aberto e libre, inherente ás relacións humanas e as súas consecuencias.

Esta conclusión pode tildarse de anárquica ou antiéconómica. En ningún caso. Esta proposta mantén invariable os termos da Teoría do Valor como custo de produción, pero tamén recoñece que ese valor de produción queda “neutralizado” polo valor cultural previamente incorporado polo creador dende o ciclo permanente de creación de significados -que é a cultura. Ao tempo que introducimos como posible, e recoñecemos como solución, que sexa a utilidade marxinal do consumidor sobre esa creación a que decida canto vale determinado produto cultural.

Creative Commons License
A Terceira República by Francisco Martínez Hidalgo is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Advertisements

4 thoughts on “CULTURA, PROPIEDADE E PIRATERÍA.

  1. !Ay, que tiempos aquellos! Me traes recuerdos entrañables pero, y aun estando casi completamente de acuerdo contigo en la descripción que haces del sistema cultural y la tensión cultura-mercado, creo que pasas por alto algo, dos cosas de hecho:

    1. No creo que la teoría del valor sea aplicable a los productos culturales: yo me decantaría por la teoría del valor marginal (perdón a los doctrinarios e infinitas gracias a Bastos). El producto cultural vale lo que la gente esta dispuesta a pagar por el en función del stock disponible, en este caso casi infinito dados los medios de reproducción existentes, y la satisfacción obtenida por la posesión del mismo.
    2. El producto cultural es fruto de un proceso creativo que debe ser remunerado, o, dicho es castellano cervantino, es fruto de un trabajo. Se que a todos se nos hace odiosa la SGAE y su afán recaudatorio pero tampoco podemos olvidar que los derechos del creador deben ser protegidos, así que si bien siento tanta antipatía como el que más por la SGAE eso no me hace perder de vista el hecho de que como sociedad debemos mimar a nuestros creadores y por lo tanto conciliar los, creo legítimos, derechos de reproducción del bien cultural con la justa remuneración del creador/difusor/conservador de la cultura común.

    Perdón por la parrafada.

  2. En resposta ao teu comentario teño que facer dúas consideracións:

    1. Precisamente a Teoría do Valor é a que encaixa aquí por algo que dis ti: “dados los medios de reproducción existentes, y la satisfacción obtenida por la posesión del mismo”. Aínda que se pode falar sobre os sectores sociodemográficos que acceden a ese “infinito” de reproducción e posesión, concedo ese punto. Onde non coincido contigo é na equiparación que fas entre “satisfacción” e “posesión”. Tal razoamento sería válido para unha sociedade e un caso suntuario-consumista-acumulativo, no que o feito de “posuír” algo que outro non posúe é o elemento de satisfacción máximo valor para o que merca e, xa que logo, vantaxe comparativa e diferencial.

    Sen embargo, a satisfacción dun ben cultural NUNCA equivale á posesión. Poñemos un caso: compras o disco do teu grupo favorito o mesmo día que sae, practicamente sen escoitalo, coa única guía de saber que se é o teu grupo favorito non pode ser un mal disco. Unha vez posuído lévalo ao teu reprodutor e… horror!!! É unha merda infumable. ¿Posesión equivale a satisfacción? Non.

    Outro caso de distinta natureza. Unha vez posúes o disco, escóitalo e encántache, sen embargo, co paso do tempo, e canto máis o escoitas, porque cansas ou porque mudas de opinión, acaba por non gustarche tanto. O disco non se deteriorou, e se é un Mp3 menos aínda (non é un coche), pero a túa satisfacción diminuíu. ¿Vai devolverche a discográfico ou o autor os cartos? Creo que non.

    O feito é que a teoría do valor é a única que pode cuantificar, precisamente para este tipo de bens tan especial, inmateriais e producidos sempre sobre unha base anterior que o artista NON PAGA,o valor real do ben.

    Ademais, o que a SGAE grava e polo que busca diñeiro fresco, e ese é un erro no que se cae habitualmente, non é a “posesión”, nin se quera a “ilegalidade”, senón o “uso” da cultura: reproducións en vodas e actos sociais, discotecas, obras de teatro. Cada vez que fas uso dun ben cultural inmaterial (insisto), pagas. O prezo por canción ou por disco é, simplemente, unha licenza de uso ad infinitum pero dun ben que, curiosamente, non podes ceder a outros (o pago extínguese cando acaba a obra, acaba a sesión na discoteca ou o concerto). Se queres escoitar tes que volver a pagar. Nós, no patio do colexio, iniciamos este acto de ¿delincuencia? tan absurdo, debido a unha lexislación miope.

    2. No post non digo que non se pague polo traballo. En absoluto!! O que si discuto é a lexitimidade de gravar a un “valor cultural” sobre un “valor” adicional que non é máis ca un retorno dun valor previamente percibido, común, inmaterial, tradicional e público, que polo feito de ser aberto e libre (ou non privativo, como se prefira), serve de coartada para prezos abusivos, prácticas monopolísticas e tratos vexatorios á cidadanía que recibe ese ben cultural. Por iso, os “dereitos de reprodución” non existen.

    Unha obra cultural, que sae dun sistema cultural, non paga por formar parte do sistema. Do mesmo xeito, non hai que recoñecerlle dereito algún por estar ou ser produto del. Visto de xeito metafórico, nós somos fillos dos nosos pais e os nosos pais promoven as nosas oportunidades da mellor forma posible. Nós, co noso esforzo, reintegrámoslle ese esforzo coa mesma atención cando eles ven as súas oportunidades mermadas. ¿Qué se pensaría dun fillo que lle pasa factura aos pais dos esforzos que este fai por manter a estrutura coherente que dá forma ás lealdades e apoios familiares? O mesmo que penso eu da SGAE por facer tal cousa: que son uns delincuentes e uns cabróns!!

    A miña parrafada foi ben peor, así que perdoado quedas 😛

  3. Olvidas que la cultura engloba bienes de lujo, caso del mercado del arte, en el que la posesión si es el elemento clave y con una importante función de distinción social. En el resto de los casos quizás sea más acertado hablar de uso que de posesión.

    Por lo demás ni quiero ni puedo defender a la SGAE pero si creo que de alguna forma el estado debe proteger la propiedad intelectual y el esfuerzo del creador. Eso implica gravamen que a mi juicio debería cargarse sobre los soportes y los instrumentos de copia (lo cual ya se hace o sea que pagamos doble o triplemente), no sobre el uso o el libre intercambio. Entendámonos.

    En cuanto a la inexistencia de derechos de reproducción, es obvia pero nada es inamovible y por ello sigo considerándolos legítimos se ponga como se ponga quien se ponga.

    Por último, no se si sobrevaloras la influencia del sistema cultural en el proceso creativo puesto que aunque cualquier obra surge en un contexto al que en parte se debe, también se debe a la suma de esfuerzo, preparación, habilidad y tiempo de trabajo del creador sin el que no habría ninguna posibilidad de mantener este debate.

    En fin, la sana discrepancia enriquece las opiniones.

    Un abrazo y sigue con este blog.

  4. Tampouco se pode prestar. Por exemplo, os Cd de software, ten certa lóxica. Tamén cobran ou queren cobrar polo préstamo de libros nas bibliotecas públicas, a SGAE.
    Un libro que se le prestado, é unha venta menos.
    A este paso pronto estará prohibido, perseguido e castigado prestar calquera cousa, compartir calquera cousa, alomenos das cousas que se adquiren pagando.
    Prohibirase toda hospitalidade, por exemplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s