O SENTIDO DUNHA NOVA ETAPA (explicación)

estrella roja sentido etapa

Xa estamos case a mediados de mes e o blog xa ten os principais cambios estéticos (novas ligazóns, novo nome… só falta o novo aspecto xeral). O importante, de todos os xeitos, chegará o 1 de setembro. Neste post prometido quixera contarvos porqué esta decisión. Cal foi o camiño que me levou a pensar en que un cambio (radical) era imprescindible.

Primeiro: unha necesidade vital. Aínda que os libros, a lectura do que sexa mentres sexa interesante, é unha das miñas maiores paixóns, sentía que un blog persoal non podería ser tan plano nin unidimensional. Basicamente, porque ningunha persoa é tan plana como para falares nun espazo aberto dunha súa única dimensión -digo isto a modo de dura autocrítica. E tampouco quería que o meu blog fose un catálogo temático dedicado aos libros -que tamén. Son e quero ser, tamén no meu blog, tal como son no cotián. Completo. Con todos os temas e inquedanzas que me definen. Iso espero traervos aquí a partir do 01/09/09.

Segundo: un formato esgotado… e un formato por crear. Nos últimos meses, e practicamente durante todo 2009, este blog seguía vivo por un único motivo: irvos trasladando o ritmo de cumprimento do reto persoal de ler 1 libro por semana (52 en total). O ritmo foi bastante sostido, pero agás a aqueles poucos interesados en seguir este reto a ninguén máis atraía. Un formato con futuro, se se complementaba con outros contidos, pero finalmente rutinizado e aburrido. A necesidade dun cambio total era tan obvio como que, despois de acabado este reto, non tiña máis sentido seguir adiante. O blog permite un dinamismo, creatividade, adaptabilidade e heteroxeneidade imprevisible e total. Poñerlle cancelas antinaturais a esta forma de aproximarme a vós, e a min mesmo, sería un erro que me levou a parar e dicir “comecemos de novo!”.

Terceiro: quero que este blog sirva de algo. Aproveitar todas as súas potencialidades de xeito que sexa “útil”. A partir, por suposto, do pouco que, modestamente, podo achegar de orixinal, novidoso ou diferente. Reflexións abertas e xerais. Críticas abertas á actualidade. Pensamentos ao chou e sen vir a conto. Inspiracións xurdidas de quen sabe onde. Reflexións construídas a partir da actualidade ou das vosas achegas. Todo terá cabida aquí.

Cuarto: o fío condutor Por suposto, todo pensamento ten uns valores e unhas ideas das que xurde e coas que resulta coherente. Ese fío é, permitídemo, o as que gardo na manga para o día da súa posta de largo. En todo caso, a estrela vermella que encabeza este post é a mellor orientación que podo darvos -e creo que xa é abondo clara. O resto son as sorpresas que me gardo e nas que, a estas alturas, sigo matinando.

O próximo post sobre esta nova xeira será para contarvos cales son os novos contidos e seccións que poderedes ver aquí.

Conto con todos vós!

Advertisements

One thought on “O SENTIDO DUNHA NOVA ETAPA (explicación)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s