(42) DIÁSPORA: de Greg Egan

diaspora egan portada

Outro libro máis, e a nosa cifra xa comeza a aproximarse aceleradamente ao reto dos 52 libros/ano. Neste caso trátase doutro libro de Ciencia Ficción, desta vez da chamada “SciFi Hard” ou “dura”, e dunha das plumas máis capacitadas: Greg Egan. Un autor que, na súa calidade profesional de matemático computacional, está plenamente capacitado para desenvolver unha obra tan complexa como Diáspora, e mesmo obras mestras da altura de Ciudad Permutación (Ediciones B).

A min, persoalmente, como adorador da SciFi Hard, Diáspora resultoume un libro complexo e fascinante. Se ben é preceptiva a advertencia de que a súa “dureza” pode resultar excesiva para un lector ocasional ou non familiarizado con estas lides. En todo caso, con estas advertencias sempre presentes, estamos ante un libro sólido cuxo maior handicap é a súa edición castelá que, como é habitual en Ajec, adoece dunha corrección abondo deficiente como para facer a lectur engorrosa en certos puntos.

Greg Egan e Diáspora é unha lectura estupenda para os amantes da SciFi.

A crítica completa, como sempre editada no estupendo portal cultural “Fantasymundo”, podedes lela clicando aquí.

CUALIFICACIÓN: Diáspora, de Greg Egan, 7,5/10

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s