(16) UN IMPERIO FALLIDO: Vladislav M. Zubok

fallido

Poucos libros sobre a historia da URSS de todos cantos levo lido -e xa son unha boa chea deles- paréceme que teñan un enfoque obxectivo. Este, claro, non é unha excepción. Máxime se o comparamos co excelente, en calidade histórica e ton narrativo, El siglo soviético, de Moshe Lewin. Zubok, a pesar de que anuncia un relato da Guerra Fría dende o lado soviético, non pode parar de referenciar comparativamente a URSS co seu gran rival -os USA.

Un enfoque que sería xustificable se fixese algo do que promete e non fai: a penas asistimos a análises documentados sobre os motivos das tomas de decisión soviéticas e a meirande parte da especulación chega a nós dende opinións subxectivas publicadas polos propios protagonistas nas súas memorias e pouco contrastadas en conforme os datos do que realmente pasou.

Na documentación de opinións e ideas concórrese nunha certa indisciplina, con tufo lixeiro de incoherencia: as opinións, por exemplo, de Molotov na súa biografía se axustan mellor ou peor, e valen máis ou menos, segundo concorden cunha determinada visión das cousas. De forma que Molotov pode ser unha fonte de crédito nun sentido, pero non noutro.

Ademais, son personaxes secundarias, conversas gravadas ou documentos biográficos os que constrúen a historia. Os feitos e as análises quedan nun segundo plano. Iso si, cando a realidade dos feitos é teimuda, sempre está o lado estadounidense para remendar o entuerto; sobre todo cando eres parte da Secretaría de Estado americana.

Iso si, o libro ten un valor intrínseco: é un dos escasísimos libros que recorre toda a Guerra Fría co pé posto en Rusia e, creo, o único traducido ao castelán. A utilidade do “marco histórico” que constrúe é moita se se lle detectan e extraen os matices especulativos que ten. Ademais, o lector debe engadirlle datos e referencias de colleita propia que non atopará aquí e que precisará para matizar ou completar moitas das visións do libro. Por exemplo, dende o meu modesto punto de vista, o papel e a importancia da figura de Jruschov está terriblemente trivializado e minusvalorado. E non creo que a persoa que se superpuxo a Molotov e Malenkov sexa alguén a desprezar, por moi histriónico que fose a máis das veces.

En conclusión, Un imperio fallido é outro libro máis que relata como o totalitarismo cruel e irracional, uns gobernantes pésimos e un sistema que non é o capitalista-liberal acabou afundindo e arrastrando consigo a unha poboación que anhelaba unha calidade de vida e unha liberdade individual que só os USA eran quen de manifestar, construír e defender.

CUALIFICACIÓN: Un imperio fallido, de Vladislav Zubok: 6,5/10

Próximo Libro: (17) Inteligencia emocional, Daniel Goleman

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s