(15) WU: Jonathan Clements

wu

Nos próximos libros imos dar, vou avisando, un salto cualitativo, deixando atrás momentaneamente a literatura-ficción e indo por outros estilos máis próximos ao ensaio. E comezamos cun libro de historia que escribe un “non-historiador”, Jonathan Clements, especialista nos escritos de divulgación sobre a historia de China e guionista cinematográfico. Unha orixe “periférica” do autor que se deixa notar, e moitísimo, na redacción, no estilo e no contido da obra. Non vos vou enganar: a parte de HISTORIA (con maiúsculas) é abondo máis breve do que cabería esperar.

O tema, sen embargo, é moi interesante. Trátase da única muller que xamais chegou a ser “emperador” en China. Unha figura que fascinou dende aquela a todo un país, e que xa dende o século XX comeza a permeabilizar as súas fronteiras culturais para achegar a súa “metodoloxía” de toma do poder, e as innovacións que introduciu, ao resto do mundo. Wu, unha muller que namorou a dous emperadores, e nomeou a sucesión doutros dous, que introduciu cambios profundos na estrutura do País, que modernizou a súa administración, e que sobreviviu -no sentido literal- a unha esfera de poder “letal” -tamén no sentido literal.

O defecto que lle vexo é, sobre todo, o quedarse moitas veces na anécdota, no rumor, no cotilleo. Mesmo, indo aos feitos históricos, hai moito máis relato ca análise, e moito máis relato, ademais, dos seus amoríos e despechos ca da súa concepción da realidade das cousas ou da praxe do goberno. Os seus cambios na forma de gobernar, o significado das súas innovacións, ou a súa permanencia no tempo, forman parte do contexto periférico máis que do argumento de relato ou análise central. Un libro interesante como biografía e para o coñecemento do contexto sociopolítico xeral da época, pero sen moito máis que achegar.

Recentemente, a editorial Crítica, a quen corresponde este libro, vén de editar un novo libro de Clements: Yhing Zeng, el primer emperador de China. Haberá que estar atento a ver se esta prosa é só un baixón anecdótico, provocado polo subxectivo e mediado da documentación dispoñible, ou realmente a orixe “afeccionada” de Clements nos somete a libros de anecdotario.

CUALIFICACIÓN: Wu. 5/10

Próximo Libro: (16) El imperio fallido, Vladislav M. Zubok.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s