(14) LOLITA: de Vladimir Nabokov

lolita

Un clásico do século XX que todos deberiamos ter nos nosos anaqueis. Unha obra de arte maxestuosa e monstruosa que destila erotismo e provocación, ao tempo que constrúe unha literatura de corte clásico, na mellor parte da tradición literaria rusa -para min, unha das mellores tradicións e escolas literarias. E, sobre todo, unha obra con dous piares dunha solidez contundente: os personaxes e o argumento que move a historia.

Lolita quédase, popularmente, como a historia do enamoramento frustrado dun home de mediana idade por unha xovenciña adolescente. Quedarse aquí é rascar a superficie. Téñase en conta que estamos falando dun personaxe que xira, dende o comezo da novela e ata o seu remate, arredor dunhas actitudes e valores morais contrarios á norma social comunmente aceptada. A voz narradora recoñece sen embaxes a súa paixón por Lolita case dende a primeira páxina e defende unha liberdade moral que, co paso do tempo, se vai convertendo en corrupción, depravación e morte.

¿Esconde Lolita, detrás das súas apariencias, un discurso de libertinaxe ou de estreitez moral? Só a reflexión que provoca o libro xa supón suficiente valor como para, primeiro, desterrar os clixés e os prexuízos sobre a novela, e despois, lanzarse sen temor a gozar dunha das lecturas máis edificantes dende que empecei este reto persoal de “1 ano = 52 libros”.

CUALIFICACIÓN: Lolita: 8/10

Próximo libro: (15) Wu, de Jonathan Clements

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s