(9) LA TEMPESTAD: William Shakespeare

tempestade shakespeare

Sempre que podo, volvo a Shakespeare. A medida que Cátedra vai editando volumes, e por casualidades van caendo nas miñas mans, leo e gozo con Shakespeare como, posiblemente, con ningún outro autor son quen de disfrutar. La tempestad era unha obra á que lle tiña moitas ganas, e cumpriu todas as miñas expectativas, e non é para menos, é unha obra teatral moi completa, onde se bota man de moitos recursos dramatúrxicos, onde hai moitas formas distintas de conectar o escenario co público (Brecht mataríame, pero é un risco que teño que correr).

O argumento promete: Próspero, despoxado do ducado de Milán polo seu irmán, Antonio, vive coa súa filla nunha illa perdida e descoñecida nos mapas. Un día, o usurpador, xunto con aqueles a quen lles foi “ofrecido” o ducado, o Rei de Nápoles e o seu séquito, inician unha viaxe de volta que os levará a pasar preto da illa. De forma misteriosa, unha tempestade empúrraos ás costas da illa. A partir de aí, Próspero ten preparados os seus plans de vinganza e de recuperación do tempo perdido.

Resúltame moi intrigante, dende a miña ignorancia completa en cuestións escénicas e teatrais, os retos de representación que ten esta obra: fantasmas que aparecen e desaparecen; espíritos invisibles que interveñen sen ser vistos; personaxes que participan dende a distancia ou oteando dende as alturas; diálogos que se cruzan… O tono xocoso tamén se me fai estraño, quizais porque estou demasiado acostumbrado, e boto moito de menos, ao Shakespeare dramaturgo (Ricardo II e Ricardo III son soberbias!!). Con todo, o humorismo tamén se lle dá estupendamente… e que carallo, todos precisamos botar unhas risas de cando en vez!

Para os afeccionados á literatura popular e oral, resulta moi interesante a letra das cancións e complas que se traducen, de transfondo mariñeiro. Polo demais, é un Shakespeare que hai que gozar cunha lectura de teatro que, por desgracia, moitos ousan a afrontar. Se vos atrevedes, asegúrovolo, acabaredes recitando os diálogos de todos os personaxes. Palabra.

CUALIFICACIÓN: La tempestad, Shapespeare: 8/10

Próximo libro: Los restos del día, Kazuo Ishiguro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s