(7) LA MARAVILLOSA VIDA BREVE DE ÓSCAR WAO: Junot Díaz

wao portada

Primeira novela dun escritor novel, profesor de escritura creativa, dominicano en Estados Unidos, e Premio Pulitzer 2008. Cosmopolitismo, globalización e multiculturalismo todo no mesmo autor, e todo na mesma obra. Porque La maravillosa vida breve de Óscar Wao constitúe un fenómeno literario polo concepto de obra que reprensenta: unha exploración antropolóxica do seu pobo dominicano e da vida da súa comunidade (“Diáspora”) nos USA, a partir do concepto de “fukú” e da denuncia, directa e sen medias tintas, da dictadura de Rafael Leónidas Trujillo Molina pero, sobre todo, da exploración do “home sen rostro”, da humanización dese ‘ser dominicano’ cruel, inhumano, irracional e vengativo que recorre -segundo Junot Díaz- e historia contemporánea dominicana.

A principal virtude do libro de Junot Díaz é que acomete esta exploración cun personaxe, Óscar Wao, dunha calidez extraordinaria, afronta a novela cun ton humorístico dunha lixeireza pero tamén dunha rotundidade que poucas veces se concreta con tanto acerto, e a tradución usa unha linguaxe que mestura de forma crible e moi viva -e alguna irregularidade- un dialectalismo dominicano moi expresivo e comprensible para o lector foráneo. Nótase que Junot Díaz dá clase de literatura creativa, e que antes de ser mestre ten sido tamén alumno avantaxado, porque ten un estilo moi recoñecible noutros autores da súa xeración; a orixinalidade da obra, sen embargo, consegue borrar en moito esa pegada “recoñecible” para facer da obra algo case exclusivo.

Sobre o argumento: Óscar Wao é o fío sobre o que se repasa a historia de 3 xeracións da súa familia. A viaxe temporal, que se move a saltos dende o Santo Domingo de Trujillo aos USA de Bill Clinton, repasa a súa esfera íntima, a esfera social, mesmo explora timidamente a algunha personaxe histórica. Ademais, introduce moi orixinal e acertadamente notas a pé de páxina onde o lector, se quere, pode cumplimentar información e datos de suma utilidade para a comprensión total do texto (coidado: non é obrigado lelas).

Agora comecemos a revisar os “peros”; espero que non pensarades que non había! (1) a voz narradora móvese ás veces pola confusión, trata aos personaxes con ton cambiante, e non queda claro por veces cal é o sentimento da voz narradora sobre este ou aquel; (2) a linguaxe dialectal, como anotei antes, ten un comportamento irregular, posiblemente buscaba facer o texto o menos árido posible, a pesar de xogar coa lingua, pero unha vez que o lector se “acostuma” a certo ton e certo uso, eses matices vólvense rechamantes; (3) a historia perde tensión en certos puntos, o ritmo narrativo non consegue manter o ton, o que combinado cun movemento do foco do narrador abondo caprichoso, provoca que certas partes sexan áridas en exceso; (4) o estilo e a linguaxe son en exceso coloquiais para un narrador, Yunior (amigo de Óscar), que supostamente é profesor de escritura e lector empedernido -é a cuestión xa repetida de dividir o “fondo” da “forma” do libro e os malditos clixés dos talleres.

Con todo, esta novela é moi recomendable pola exploración socio-histórica que realiza, polos divertidos momentos que garante, e polo entrañables que son uns personaxes perfilados con agarimo (se ben cun trazo ás veces groso en exceso) dos que Óscar Wao destaca de forma especial -como nerd que é eu téñolle certa simpatía persoal.

CUALIFICACIÓN. La maravillosa vida breve de Óscar Wao: 8

Próximo Libro: 8. La caza del carnero salvaje, Haruki Murakami (Anagrama).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s