(6) EN EL CAFÉ DE LA JUVENTUD PERDIDA: Patrick Modiano

modiano perdida

Unha novela a 4 voces que explora ambientes, contextos, a cidade de París e a personalidade dunha misteriosa Jacquelinne/Louki e os motivos que a levaron a elixir como camiño vital a fuxida permanente, evitando calquera punto de anclaxe, certeza ou realidade duradeira. Unha novela complexa e vital, transparente e opaca, que pode resultar unha exploración tan accesible ou complexa como un estea preparado para facer.

Porque, teño que confesalo, ir a tempos e espazos sentimentalmente alleos, mesmo intelectualmente descoñecidos, non é un exercicio sinxelo. E a viaxe que propón Modiano non é só de personalidade, de coñecer as ‘razóns do ser’, senón tamén, e pode que principalmente, unha viaxe filosófico-temporal onde o presente se transporta a tempos caducos a través de leves referencias a espazos e personaxes que convén comprender con, cando menos, Google preto do libro. Disque (porque nunca lera a Modiano antes) a súa literatura é precisamente así: unha viaxe a un tempo pasado. Quizais sexa ese tempo o da “juventud perdida” ao que alude o título.

Pero -porque, si, hai un pero- esta complexa novela de mil pés aos que mirar, non dá con igual acerto en todos os puntos. Un dos principais, Louki, a súa personalidade e motivos, esa fuxida que debería resultar coherente cos tempos vividos ou cos motivos que se nos dan, non creo que consigan callar nin de forma certa, nin de forma clara. Se Louki pretende ser, como creo que é o obxectivo, un punto sobre o que proxectar a esencia deses tempos anteriores, Louki non é un horizonte abondo preciso.

Os tempos do París da década de 1960, dunhas personalidades creativas tan diversas como distintas son as súas filosofías, pero un punto común para todos eles: o escapar da realidade que lles rodeaba. A eles o maio do ’68 daríalles nos fociños, o compromiso transformador da política con aquela realidade acabará co seu soño para sempre. Se a aquel compromiso o substituíu o anatema do escaparate comercial, do capitalismo triunfante, ¿que substituíu ao soño daqueles anos anteriores?, ¿quizais a nada?, ¿a desesperanza?, ¿Louki, ao mellor? Fermosa reflexión que é o corazón desta pequena-gran-novela.

Patrick Modiano e Jean Luc-Goddard son os representantes daqueles anos, daquela década tola. Aínda podemos desfrutar deles. De Modiano, con esta novela recomendable e, sobre todo, adoitada para ler con pausa.

CUALIFICACIÓN. En el café de la juventud perdida, Patrick Modiano. Nota: 7,5

Próximo libro: (7) La maravillosa vida breve de Óscar Wao, Junot Díaz (Mondadori)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s