(5) LA ISLA: Giani Stuparich

isla stuparich

Un libro pequeno e breve, que pivota entre a novela e o relato, escrito por un dos país da chamada “escola trentina”: Giani Stuparich. Igual de breve pode ser a descrición global do libro: “unha xoia”. Unha reflexión íntima sobre o sentido da vida construída a partir da exploración dun momento inevitable na relación entre pais e fillos: a consciencia de que o momento da despedida está próximo. Un momento que se afronta, ademais, a través doutro dos contidos temáticos máis importantes da literatura europea de mediados do século XX: a enfermidade.

Un pai vai na busca dun fillo que pasa o verán nas montañas para levalo á illa onde naceu e lembrar o seu pasado. A illa é a atmósfera na que pai e fillo acumulan as últimas experiencias xuntos das súas vidas, miran cara atrás e, inevitablemente, tamén cara adiante. A enfermidade está presente e somete a ambos os personaxes a constantes reflexións sobre a vida. Ademais, os personaxes que conviven coa dor de forma natural e consciente. En contraste, os personaxes da illa que aínda non acadaron esa consciencia do inevitable viven estupefactos estes momentos.

Este libro pequeno ten un corazón inmenso que fai que as palabras desta pequena crítica non sexan reflexo do que é, de momento, o mellor dos libros que teño lido neste ano.

CUALIFICACIÓN: La isla: 9

Próximo Libro: (6) En el café de la juventud perdida, Patrick Modiano (Anagrama)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s