Non digas “televisión”… di “pantalla”

lg32plasma

Tecnoloxía e Tendencia son dúas palabras que van, nos últimos tempos, inextricablemente unidas. Os que viñestes á Escola de Formación de Sarria sabedes ben o que é a “Xeración Y”, e mesmo sabedes cales son os mecanismos e formas de comunicación, e puidestes mesmo intuír como se comunican e como habería que chegar a eles… Pois ben, esa xeración será tamén a primeira en desterrar do seu léxico unha palabra moi presente nos últimos 75 anos: “televisión”.

A “Televisión” relacionámola non cunha tecnoloxía (os televisores de tubo xa están en período de extinción), senón a unha forma de relacionarnos coa e construír a realidade. O contido elabórase nun enorme estudo de televisión, cun costosísimo equipo técnico, cunha elaboración cada vez máis segmentada e enfocada a “categorías” (xente nova) ou “tipos” (os propietarios dun can) de público… e o que ten en común é que este contido é “pasivo”: alguén os elabora para nós… sen nós!! Esa pasividade é a “televisión”.

Sen embargo, no mundo 2.0. de contidos interrelacionados e transformados, mesmo no posible futuro 3.0. de contidos “integrados” e “individualizados”, adaptados en extremo ‘por’ nós e ‘para’ nós, a “televisión” é un concepto cos días contados. Mesmo neste momento podedes ver a miríade de aparellos conectados ao voso televisor: consola, reproductor de DVD, conexión wi-fi, porto USB… Todos eles destinados a un mesmo fin: reproducir o que vós queirades, cando vós queirades, e mesmo pode que o que vós producistes co voso teléfono móbil, cámara dixital ou videocámara HD.

A “televisión” perde, tamén, tempo de consumo. A “Xeración Y” consume menos televisión cas anteriores. No 2007, segundo o INE, consumen máis hora de internet e relación cibernética cós amigos, ca vendo unha Tv que consideran allea, alienante e aburrida. Iso si, están facendo o que están facendo diante dunha “pantalla”.

Unha pantalla que será soporte de todos eses contidos, e na que a tendencia “táctil” mudará tamén a nosa forma de relacionarnos cos contidos, coa construcción de materiais, coa edición, coa creación… ¿Alguén viu funcionar xa a pantalla táctil LCD que Microsoft ten deseñado para preparar Windows 7? Ide a youtube e buscádea, sorprenderédesvos.

A televisión está morrendo como concepto. Non digamos xa televisión… digamos “PANTALLA” e disfrutemos dela non o que nos ofrezan, senón o que nós queiramos e cando queiramos. O futuro está aquí!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s