MANUAL DEL PROGRESISTA: George Lakoff

lakoff

Moitos xa me escoitastes falar de Lakoff cando me referín ao seu libro imprescindible: “No pienses en un elefante” (se non o comprastes aínda… a que carallo estades esperando!?). Pois ben, neste último semestre Lakoff edita en castelán un novo libro, tan ilustrativo como o anterior, sobre as súas mesmas ideas, pero moito máis sistematizado e cun estilo máis pedagóxico e adaptado a todos os públicos: Manual del progresista.

As teses do libro están resumidas nun post algo picañento do Mundo que, aínda que se queixa de que analiza pero non propón “receitas”, esquece dúas cousas importantes. Primeiro: que se o pensamento progresista ten unhas bases sólidas e comúns (como calquera outra fonte teórica), o contexto ten un peso fundamental sobre “que progresismo” atopamos e, por tanto, as propostas universais están metodoloxicamente excluídas de facto. Segundo: que se aceptamos a política e as políticas como un área social aberta, tanto na forma como no fondo, as “receitas” carecen de sentido non só aplicadas a un libro analítico como este, senón, posiblemente, a calquera obra impresa que pretenda pulsar e traballar un contexto en cambio constante.

O libro de Lakoff é, creo, revelador e necesario. Fundamental para moita xente. Aberto ao pensamento e ás ideas de todos os que queremos un mundo diferente e un lugar mellor, superando as trampas e dificultades que nos tende o noso propio subsconsciente e os “erros” de concepción que, na nosa xenerosa base filosófico-política, todos levamos dentro. Mercádeo, lédeo con repouso e reflexionade moito sobre unhas leccións sabias.

Lakoff, George (2008): Manual del progresista, Península, 16,90 € (un prezo realmente pequeno para todo o que trae dentro!)

Advertisements

One thought on “MANUAL DEL PROGRESISTA: George Lakoff

  1. Concordo plenamente coa recomendación de lectura desta obra de G. Lakoff: ler, reflexionar e pensar na súa aplicabilidade. Con todo, recomendo especialmente a descrición dos ‘frames’ (marcos), os seus diferentes tipos, a a relevancia deles na praxe política a curto, medio e longo prazo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s