THE RACONTEURS: “Salute your solution”

Dende Nashville, Tenesse, chega un dos grupos “revelación global” deste 2008. The Raconteurs ulen a novo e saben a añexo, cos mellores sons da década dos ’70 e con moitas leccións aprendidas dende aquela en cuestión ritmo, sons electrónicos e técnicas de guitarra. Ademais, o vídeo ten unha estupenda fotografía, un xogo coa técnica do “time-lapse” que fai o clip moi dinámico e nada cansino.

Para os que queirades saber algo máis deles podedes recorrer á súa estupenda páxina en MySpace, onde poderedes escoitar brevemente algún dos seus novos singles e mesmo facervos un “histórico” sobre a historia deste curioso grupo: quen son os seus integrantes e de que outros grupos forman parte, como xurdiron en 2006 cun 7′ inencontrable xa nas tendas…

En canto ao single que vos traio, Salute your solution, abre o seu segundo LP, “Consolers of the lonely” (consoladores da soidade) e é, ata o momento, a súa canción máis coñecida e de maior éxito. Iso si, despois de escoitar este disco -mesmo o levo no iPod agora mesmo- pódovos asegurar que, cando menos para min, non é, nin moito menos, a súa mellor. Ademais, tampouco dá idea das múltiples bases musicais coas que son quen de xogar: con ritmos sureños e rock clásico, pop indie e música electrónica.

Cruzo os dedos porque este grupo siga mantendo este estupendo nivel. Dende logo, sorprenden pola súa enorme calidade. The raconteurs, do mellor da música norteamericana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s