V: de Thomas Pynchon

v pynchon

Pynchon non é un autor sinxelo de ler. Tralas súas novelas non hai ideas claras, personaxes unidimensionais, nin unha continuidade temporal ou espacial. Pynchon esixe, moito, pero tamén dá en cantidades abondas como para saber que, ao final, o esforzo terá merecido moito a pena.

A súa escrita rezuma a liberdade que, non sen esforzo, el mesmo se labrou: home de figura en branco e negro, personalidade oculta tralas rúas de New York, vida desconcertante debuxada logo dalgunha pincelada que outra oculta tralos seus personaxes, seguilo é sempre un reto. Tanto é así que cada obra é tan distinta á anterior como o será, certamente, da seguinte. Un exemplo de innovación e risco. Un luxo que moi poucos autores poden permitirse, e que poucos lectores (Pynchon non é un bestseller) poden gozar.

“V” é unha novela de 1961 que podería verse como exercicio literar¡o do 2008: estrutura arriscada, caleidoscópica, o lector deberá ir recompoñendo un enorme puzzle sobre un concepto tan difuso e complexo como o que é “V”: aquilo que todos, e na novela non poucos personaxes, botan de menos, sinten en falta, perseguen e buscan ata a saciedade. O “barco” de Pynchon pode presentar “V” como a primeira novela “global”, que percorre contextos psicolóxicos e sociolóxicos, culturais e políticos, para presentar ese lado humano e común a todos que representa “V”.

As páxinas pasan sen que un se dea conta se é capaz, cousa non sinxela, de establecer unha relación de interese e dependencia das múltiples historias que se cruzan en “V”. Os saltos son xigantescos. Os personaxes, numerosísimos, gañan intensidade a ritmo lento e inexorable. Paciencia. “V” é un novelón que sempre merece a pena.

Recoméndovos a edición de Tusquets, colección “Fábulas” (peto con calidade de edición), e de prezo moi atractivo: 11,95€.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s