PAUL GREENGRASS, un director a perseguir

greengrass

Igual que hai actores con “marca”, tamén hai directores. Igual que temos unha ristra de figuras do celuloide ás que recorremos para gozar dun bo espectáculo, tamén podemos perseguir a profesionais que, dende detrás da cámara, presentan sempre solventísimas obras e mostran de gran cine. Os afeccionados, acostumados como están aos cotilleos, a tomar o “papel cuché” pola realidade e capacidade das persoas, tenden nos tempos modernos a esquecerse dos directores. Mesmo con Lucas e Spielberg pódese dicir que morre o recoñecemento popular a aqueles que fan da maxia do cine algo posible.

Pois ben, o meu post de hoxe quere reivindicar a un dos mellores directores do cine contemporáneo: Paul Greengrass (Pablo herba-verde). No seu “haber” ten moi poucos filmes para o cine e bastantes máis para a TV, sen embargo foi a gran pantalla quen mo amosou como un construtor de emocións excelente e moi versátil. Un director, ademais, que crea fidelidade e adición entre os actores que traballan con el… e que só leva 9 anos dando productos para a gran pantalla!!!

Entre os seus produtos máis destacados están dúas películas la serie de Jason Bourne: El mito de Bourne (2004) e El ultimatum de Bourne (2007) e, para min, a mellor das películas que se teñen realizado sobre o 11-S, as súas causas e consecuencias: United 93. Esta última, United 93, amosa un ritmo contido, una exploración profunda e evocadora e, sobre todo, una enorme sabedoría á hora de dirixir a actores e construír historias.

Con Matt Damon ten pendente para 2009 a película coa que fará unha década como director para o cine: Green Zone. Esta película explora a presenza norteamericana en Irak, conta co potente guionista Brian Helgeland, e ademais dun reparto ao que Greengrass pode sacarlle moitísimo partido tamén conta coa anécdota de ter localizacións en España (Albacete, para máis señas). A estrea está prevista para xaneiro.

Se buscades un director contemporáneo, con carreira por diante, e solvente en todos os seus traballos, apuntade este nome: Paul Greengrass.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s