LYKKE LI: “I’m good. I’m fine”

Seguimos con música feminina. Seguimos con música de xente moi nova: Lykke Li ten 22 anos. Seguimos gozando con primeiros traballos: “Youth novels”, LP do que sae este “I’m good. I’m fine”, é de 2008, co que está aínda quentiño do forno. E seguimos viaxando máis ao norte nas nosas transicións musicais: nin máis nin menos que a Suecia.

Lykke Li é unha rapaza sueca que, despois dunha longa viaxe vital e musical decidiu entrar na música indie con este traballo repleto de excelentes colaboracións. O vídeo que vos traio non é o orixinal da canción, senón unha “representación” en directo, cunha escenografía sinxela pero moi curiosa, e que creo que enriquece e mellora a súa versión orixinal.

Ademais, o vídeo achéganos moitos artistas convidados, de moi distintos estilos, que respaldan cunha fermosa e viva instrumentación a unha viva canción, de letra liviá, pero que pode servir para saír do paso dos luns… tan cansiños como adoitan ser para tantos/as. Pasádeo ben con esta recomendación musical do primeiro día da semana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s