ROMA Y LOS BÁRBAROS: de Jones e Ereira

roma barbaros

Un libro magnífico, escrito con espírito didáctico e un inmenso sentido do humor, mesmo capaz de desverlar algunha carcaxada, pero enganoso no título… Un le “Roma y los bárbaros” e pensa que o que lle queren contar é a historia clásica, a dos romanos civilizados vs. bárbaros irracionais e exterminadores. ¡Que errados estarán os que así pensen!

Este libro ten a intención declarada de derrubar mitos e, sobre todo, o desa “civilidade” romana ou, se se quere, “incivilidade” bárbara. E faino poñendo o foco en tres puntos moi interesantes:

1. A historia do ascenso e caída do Imperio Romano. Descubrir Roma significa coñecer Roma, as súas orixes e a súa historia que, como non, está empapada de longos e densos regueiros de sangue, de exterminio, e crueldade… soerguidos cunha mesma intención, “romanizar”: impoñer as formas de vida do imperio e as súas xentes.

2. A historia dos bárbaros. Este libro repasa a civilidade, os coñecementos, as formas de vida igualitarias ou as relixións e os gobernos tolerantes das moi distintas tribos bárbaras. Repasamos figuras destruídas polos mitos romanos e católicos: Atila o Huno, por exemplo; desvelamos mulleres que simbolizaron un igualitarismo desterrado a base de sangue e intolerancia: Budicca como xenerala e raíña das tribos britanas que repeleron aos romanos, ou Hipatia de Alexandría, excelsa matemática e filósofa esfiañada polos ultracatólicos; e recuperamos episodios e figuras históricas perdidas nos albures do tempo.

3. A historia da relixión católica. Importante, sobre todo, dende Constantino, o emperador que cristianizou roma no séc. III, ata León I, primeiro “sumo pontífice” da Igrexa Católica Romana. O libro representa as manobras da “construción” católica dos seus mitos, as súas bases paganas, a dependencia das figuras políticas, as loitas intestinas entre cristianismo donatista, arriano e católico… e cómo Atila axudou ao triunfo final do catolicismo!

Este libro recoméndoo encarecidísimamente como unha lección sabia, intelixente, esclarecedora… e divertida. Abriume tanto os ollos, ensinoume tanto, e fíxo que mirase a aqueles pobos dun xeito tan distinto a como adoitaba, que non penso máis ca en volver lelo outra vez. E isto, en si mesmo, é xa un éxito moi a ter en conta. Lédeo e gozade coa historia!!!!

Advertisements

One thought on “ROMA Y LOS BÁRBAROS: de Jones e Ereira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s