O FUTURO É MÓBIL

nokia n96

A través de Enrique Dans, chego ao Wall Street Journal, e ao artigo de Nick Wingfield: “É hora de deixar o portátil atrás”. Neste artigo tratan unha reflexión que, outra vez, fixemos en Sarria hai dúas fin de semana nas xornadas formativas das XSG: o futuro do “traballo móbil” está na telefonía, non na informática.

A reflexión deste artigo limítase aos “smartphones”, aos aparellos utilizados para o desenvolvemento funcional do traballo cotiá, sen embargo debemos apostar porque esta tendencia acabe universalizándose no medio prazo. Para xustificar esta permeabilidade da categoría dos “smartphones” debemos observar varias tendencias que, creo, acabarán confluíndo nunha comunicación “virtual” e “móbil” en máis ou menos unha década:

1. Os teléfonos móbiles incrementan a súa produtividade media. O móbil máis cochambroso do mercado, comparado co seu homólogo de hai 10 anos, amosa un moito mellor comportamento e unha maior produtividade, pois os teléfonos non só son mellores ca antes, senón que fan máis cousas. A tendencia é, por tanto, a que o móbil acabe compatibilizando cada vez máis funcións e se, como parece, o encastre dos teclados QWERTY acaba optimizándose tamén nas pantallas táctiles, poderemos albiscar unha maior produtividade aínda; reto da “batería” mediante.

2. A forza da “Xeración Y”. Está claro que o mercado profesional ten sido o principal “estimulador” e “causante” dos “smartphones”: a súa demanda dun produto capaz de compatibilizar a máxima mobilidade, cunhas óptimas comodidade, produtividade, funcionabilidade e usabilidade ten xerado esta categoría de teléfono. Sen embargo, a nosa “xeración Y” é o motor que permitirá esa “permeabilidade”: demanda un teléfono que lle permita liberarse da dictadura “WiFi” e abrirse a súa “personalidade tecnolóxica” dende calquera punto e lugar, superando as actuais barreiras físicas e de infraestruturas.

3. Un modelo económico postindustrial en proceso de cristalización. A economía estase facendo “virtual”, non só porque as empresas estean utilizando cada vez máis estes mecanismos para os seus procesos produtivos, senón porque un novo concepto do “valor” e, por tanto, da “actividade económica”, está emerxendo da rede e as novas tecnoloxías. Que empresas como Google ou Facebook, ou mesmo iniciativas Wiki, podan ser un “valor exitoso” son mostra de que este cambio chegará a consolidarse e que a nosa estrutura económica deberá evolucionar cara a novos conceptos e realidades alén, mesmo, da concepción cuantitativista e monetarista actual.

As cousas mudarán moito no futuro. Cada vez que abro o “caixón dos trastos” de casa de meus pais e observo aquel ‘Alcatel one touch easy’ que el tiña, comunmente coñecido como o “ladrillo”, coa carcasa de plástico reforzado, a pantalla de dúas liñas de código e a batería mixta (litio e a pilas), e o comparo con calquera dos teléfonos actuais de idéntica categoría, vexo que algo muda. Que mesmo o público máis inadaptado ás novas tecnoloxías incorpora inexorable e sinxelamente novas funcións e máis complexos aparellos.

O futuro da comunicación está, dobremente, nas nosas mans. Só queda un reto por superar: a autonomía. Se toda esta alta funcionalidade e produtividade é capaz de compatibilizarse cunha autonomía razoable -reto que parece xa en proceso de solución nos portátiles- a posibilidade de compatibilizar mobilidade e produtividade sobre unha plataforma “móbil” estará un paso máis preto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s