Obama no iPod Touch

obama ipod

Os americanos sempre por diante. Os galegos sempre tarde. Cando aquí aínda está en cueiros a rede “bloguer” e o uso das redes sociais polos partidos e a clase política, nos USA as novas tecnoloxías son capaces de integrar aos actores políticos e mesmo crear relacións densas e estables. Un entra na “app store” de Apple ou mira o catálogo de aplicacións libres dispoñibles para o Google ou para Blackberry e observa como países como os propios USA, Canadá, Alemaña ou Francia teñen xa una densa e heteroxénea panoplia de aplicacións capaces de actualizar e conectar información. Que envexa me dan!!!

De feito, agora mesmo acabo de instalar a “Obama 08” app no meu iPod Touch e, aínda que non podo usar algunhas das súas utilidades porque non teño contactos nos estados unidos, si podo comprobar inmediatamente a utilidade de -nunha sociedade permanentemente conectada- poder transmitir información de forma inmediata aos fieis e seguidores do partido ou líder ‘X’. Unha información que pode ir dende a última mensaxe do partido, ao vídeo do último acto ou declaración do candidato, ou ao anuncio da última medida e/ou proposta da nosa formación.

En Galicia, o BNG é -con distancia- a formación que máis e mellor está incorporando as novas tecnoloxías á súa comunicación cunha densa rede de blogs, cunha base fiel que participa activamente nos foros importantes na rede, con canles propias de información nacionalista, e co traballo de partido en blogs, videoblogs, fotoblogs… Con todo, aínda hai oportunidade de remontar o paso no curto-medio prazo porque tal estratexia, se ben garante unha relativa presenza, ten as seguintes debilidades:

  • (a) Escasa ou nula permeabilidade. Aínda que a rede do BNG é ampla e densa, ten escasa capacidade de penetración en redes que non sexan fieis ou, cando menos, seguidores e coñecedores da actividade e presenza on-line da formación.
  • (b) Non existe unha coordinación. Isto implica que a base militante poda manifestarse de forma marcada, excluíndo a todos aqueles que non sexan, precisamente, fieis ou seguidores e, por tanto, pechando aínda máis a capacidade de permeación das súas redes.
  • (c) Non hai unha construción de mensaxes “en rede”. O seu uso das novas tecnoloxías continúa a ter un claro sesgo tradicional: pouco máis hai aparte dunha comunicación unidireccional, unha intención evidente de “modernidade”, e un acceso “seguidista” ás castes de idade máis novas. Tendencias como a aplicación de “técnicas relacionais”, a construción colectiva de contidos, ou o labor cooperativo partido-seguidores na rede, aínda son ocos potencialmente desocupados e altamente rendibles no medio-longo prazo.
  • (d) Tampouco hai traballo na diversificación de plataformas de contacto. Ademais do soporte “web” pouco hai traballado en Galicia cando falamos do acceso a “redes sociais”, a “plataformas móbiles”… E esta é unha tendencia de futuro practicamente erma en España. O deseño de “apps” para iPod e iPhone, iGoogle, para Android, Blackberry… non existe a pesar do relativamente sinxelo e barato que resulta tanto o seu deseño como a súa distribución; mesmo pode resulta gratuíto!
Entón, os partidos en Galicia teñen aínda moito camiño por percorrer na súa conquista da Web 2.1., e áinda da 3.0. O contexto actual é realmente propicio e, a pesar da actual crise, o mercado tecnolóxico de aparatos seguirá in crecendo, e a distribución e a comercialización de apps versátiles e adaptadas ás necesidades dos/as usuarios/as está só comezando a despuntar en todas as súas enormes posibilidades.
A política 2.0. debe aproveitar este momento, e a xente nova está na obriga de ser quen lle poña “as baterías” aos seus maiores en canto a súa definitiva incorporación a uns tempos que están moito máis ca recén chegados… son xa unha realidade e unha oportunidade que non hai que deixar pasar!!!!
Advertisements

One thought on “Obama no iPod Touch

  1. Eu coido que gran parte do éxito de Obama, sobre todo entre a xente xove, foi penetrar neste mundo da maneira que o fixo. Déulle versatilidade, unha imaxe moderna e un espazo de participación cidadá. Polo tanto, presentouse á vez, coma o candidato da xente, pegado ó pobo (aínda que moitos lle critiquen o seu elitismo) en contra do que Clinton representaba, e despois McCain… Dende logo, un pronto se deu conta da magnitude do movemento que se estaba a crear en torno a el gracias á páxina web e á cantidade de contidos e lugares onde a súa campaña estaba a chegar. Os partidos galegos deberían de tomar nota e aprender. Dende logo parece ser non só o futuro, senón o presente e ó tempo, unha oportunidade para elevar a calidade da Democracia.
    A forza que lidere neste ámbito ten moitas posibilidades de crecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s