THE LAST SHADOW PUPPETS: my mistakes were made for you

Unha reunión casual nun concerto: “Artic monkeys” + “the rascals”, foi o vaso precipitante que deu como resultado o experimento musical transcultural de “The last shadow puppets”. A canción do vídeo, “My mistakes were made for you” (os meus erros fíxenos para ti) é unha mostra perfecta do seu CD (The age of the understatement). Se escoitades a canción , ¡facédeo, por favor!, asistiredes a unha recreación contemporánea dos aires anglosaxones de 1970 sen os alicientes daqueles anos -ou sexa, sen as drogas e o alcol que tanto electrizaron á creación musical de toda esa década. Un sonido melódico indie clásico e remasterizado para os oídos do selecto público deste blog.

Por certo, se ao final identificades algún son e ritmo con máis ou menos claridade, e reflexionades un chisco sobre onde o escoitastes antes, deduciredes facilmente a que película se incorporou posteriormente esta canción. A quen o acerte, e saiba a que ritmos me refiro, sen miralo en ningún sitio e -polo tanto- facendo trampa, os meus parabéns.

Rematar o post, claro, recomendándovos este inmenso grupo: The last shadow puppets. Non vos arrepentiredes! Os arranxos instrumentais corresponden á London Simphonical Orchestra, toda unha garantía de que non estamos ante un disco calquera.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s