“EL CONSUELO”, de Anna Gavalda

consuelo

Non me gusta ler bestsellers, de feito fuxo deles a fume de carozo cando vexo os estantes cheos da última novela do escritor famoso do momento. Só dúas veces caín na curiosa tentación de ver “que tiña” tal libro ou tal autor. A primeira vez foi con “Los pilares de la tierra”, de Ken Follet: retívome dende a primeira páxina ata a última, gozando da súa lectura compulsiva durante (só) 4 días. A segunda foi, precisamente, esta novela que vos traio hoxe aquí: “El consuelo”, da autora francesa Anna Gavalda.

A curiosidade que tiña por coñecer a Gavalda ten orixe no “ruído de fondo” que, de forma crecente, un vai escoitando sobre o seu estilo, a súa forma de narrar, de tratar e de “humanizar” aos personaxes… Unha especie de meigallo enfeitizante que recaía universalmente en todo canto lector (ou lectora, hai que ser politicamente correctos) chegaba a algunha das súas novelas. Quen non sentiu nunca o tremor na pel de adentrarse en terreos perigosos? Mesmo eu, aínda que rariño as máis das veces, teño tamén trazos de persoa “do común”.

“El consuelo” é unha novela grosa de lectura rápida e ton narrativo sorprendente. Cando un pensa que está ante outra historia máis de amarga lembranza e camiño de redención (algo diso hai, claro), todo muda derrepente. O ceo de tebras e sombras, de personaxes angustiados e existencialmente descontentos, ábrese de repente, o sol asoma e comeza a quecer, a luz fai acto de presenza e todo o ilumina. Nese momento, o lector desconcertado ante o xiro inesperado sinte que está ante unha historia fóra do común, humana, densa, cercana a unha vida en absoluto arquetípica, e afastada de patróns narratolóxicos ou esquemas mil veces reproducidos.

O mellor de “El consuelo” son os seus personaxes, e a excepcional forma que ten Gavalda de construílos a partir dunha humanidade casual e contraditoria. Lonxe de ser personalidades deseñadas “a golpe de drama”, todos os personaxes transmiten eses claroescuros dos que todos/as estamos feitos/as. “El consuelo” busca ser reflexo de todos nós. Pero non un reflexo calquera, non. A vida da novela está na súa posición ante o espello, que non é nin de drama nin de resignación, senón vitalista, esperanzada, optimista…

Calquera cousa que vos poda dicir non é abonda. Lede “El consuelo”, coñecede a Anna Gavalda, e sacade as vosas propias conclusións. Xa me contaredes que tal.

Advertisements

One thought on ““EL CONSUELO”, de Anna Gavalda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s