A VOLTAS COA TESE… DEFINITIVAMENTE!

tesis iedhfisdf

Agobieime moito, moitísimo, teño que recoñecelo. Para min e o meu afán “perfeccionista” a tese supón o meirande reto que xamais se me ten presentado en moitos aspectos: lingüisticamente comprensible, intensa en coñecementos e ben fundamentada, relevante para o campo no que quero introducirme (o marketing político), e sobre todo capaz de conseguir aquilo que a voz-en-off de William Shatner clamaba con aire grandilocuente ao comezo de cada capítulo de Star Trek: chegar onde ninguén ten chegado antes. Tanta presión, o stress do cotián, e a recua de asuntos pendentes que tiña enriba acabaron, definitivamente, por aplastarme.

O verán, sen embargo, sentoume ben. Síntome con forzas renovadas e mesmo conseguín quitarme de enriba algún traballo pendente do que, se volvo saber algo no que me queda de vida, será só de forma tanxencial e continxente; o que me supón, teño que recoñecelo, alegría e felicidade inconmensurables. Ademais, lanceime á caza-e-captura dalgo que viña botando en falta dende que me mudei de casa: un lugar propio e independente no que traballar con tranquilidade. Un despachiño modesto, con mesa, cadeira e ordenador, que sintetiza todo canto preciso para poñer xa, como quen di, a escribir coma un tolo.

Así que anuncio hoxe, neste meu “blog-oficial”, que o luns da semana que vén, 15 de setembro de 2008, co despacho rematado e montado, este menda comeza a “escribir a tese dunha maldita vez”. Ata daquela continúo lendo libros retrasados, que tiña pendente por retomar, e que me continúan a servir de actualización e referencia ao mundo do marketing político. Espero dedicarlle cada minuto do tempo que me queda libre, agás a obrigada “desconexión mental” que cada certo tempo sempre é imprescindible, a escribir. O obxectivo é que o “curso 2008-2009” sexa o “curso no que Fran rematou, presentou e leu a tese” ou, noutras palabras, o curso no que “fran foi doutor”.

Espero contar entón coa vosa comprensión se, como sempre me pasa en momentos de gran concentración (imbuome de tal xeito que non son ser deste mundo), parezo enfadado cando collo o teléfono, cando chateo, etc.

Pero, ¡temos que ser positivos! A tese comeza a súa recta final cara a un lugar indeterminado. Así que, sexa para ben ou para mal, e facendo agarimosa lembranza de Julie Andrews en Sonrisas y Lagrimas “lo que será, será”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s