ADEUS VERÁN!! ATA O ANO QUE VÉN!!

verano 01

Mañá habera que retomar aquilo que máis odiamos todos/as: a rutina. Volveremos a erguernos ás 7 da mañá, a ducharnos e almorzar con présas, a coller un autobús ateigado ata o traballo, e a continuar facendo todo o que facemos “de cotiá”. Un consolo é aquilo que dicía miña avoa: “dálle grazas ao señor que tes traballo, moita xente non o ten”. Gran verdade que sempre deberemos valorar na súa xusta medida.

Diremos “Adeus” á rebeldía do despertador, aquela de podérmonos levantar cando queiramos e fagamos o que podamos. Adeus, tamén, ao calorciño (en Galicia só nos podemos referir a el con diminutivo), ás buscas desesperadas de bares con aire acondicionado que nos devolvan o sorriso e a sequidade ás nosas facianas, o camiñar calzados pola area ardendo, ou a brisa da piscina clorificada e o seu “cheiro” característico a disolución de bronceador de baixa concentración. Miraremos a un calendario que debe dar aínda unha moi dura volta para volvérmonos, outra vez, a agosto.

O lado positivo é que, co novo curso, tamén deberemos afrontar novos retos. O 1 de setembro e o 31 de decembro son os únicos días do ano nos que nos facemos propósitos de “boa vontade” que, dunha forma ou outra, buscaremos cumprir, se ben coa fortuna poucas veces de cara para velos chegar a bo termo. No meu caso, ademais, está o consolo de comezar o 1 de setembro nun novo “lugar” (que non “posto”) de traballo. Mudámonos de San Caetano á rúa da Pastoriza, con novas aventuras e novas experiencias.

Abrimos, entón, un novo curso, unha nova xeira de apaixonante rutina e de vital invernía. Vivirémola xuntos. Iso será o mellor. Apertas a todos/as!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s