“VIVA LA VIDA”: novo CD de COLDPLAY

viva la vida coldplay 001

Melómano e mitómano, achegueime a Coldplay dende o primeiro single da súa carreira: “Yellow”, do primeirizo disco Parachutes. Dende aquela fun seguindo fielmente a súa carreira, pasando polo disco que me supuxo a súa definitiva consagración como a “banda do século XXI” (X&Y), e os dous mellores singles que tiña (“fix you” e “the hardest part”). Tanto é o meu amor pola banda de Chris Martin que sigo cada paso, cada noticia, sempre ao pé do canón.

Nesta nova xeira Coldplay saca novo CD, Viva la Vida, contando co grande Brian Eno, que parece estar sempre tocado pola man de Deus en canto a orixinalidade e capacidade de crear tons pegadizos e sorprendentes. Creador da música ambient, produtor de U2 dende o The unforgetable fire ata o seu último disco de estudio, Eno ten esa man capaz de converter en maxia todo canto lle chega.

Viva la vida non é unha excepción. Estamos ante un disco INMENSO, excelente en todas as cancións, perfectamente estruturado conceptual e melodicamente, e do que poderían saír como singles todas cantas cancións o conteñen. Eno innova e xera melodías sorprendentes a partir de bases rítmicas perfectamente recoñecibles, e mesmo “asociables” a cancións ou a grupos que todos temos no corazón e no sentimento. Pero, ¿a caso non é máxico convertir o “vello” en “novo” e atraer a novos públicos?

Se queredes a recomendación dalgunha das cancións, sabede que é algo persoal, apegado aos meus gustos, pero que TODAS poderían ser singles perfectamente. Velaquí, logo, as miñas recomendacións:

1. Life in technicolor. É a primeira canción, toda ela acústica, e amosa unha variedade de matices musicais que son unha mostra perfecta do que vos ideas a atopar no diisco. Se vos gusta, continuade por todas as demais, ídevos sorprender.

2. Lost! Mestura bases rítmicas étnicas, cunha suave tonalidade vocal, e un órgano suxestivo. Unha mestura heteroxénea da que resulta unha das cancións máis “novidosas”.

3. Lovers in Japan. Quinta canción. Afinade o oído, porque neste single de case 7 minutos hai moitas bases rítmicas que, cunha mínima cultura musical, ides poder recoñecer sen moitas dificultades. Reto a un “auscultador” calquera a que me anote aquí algunhas das bases melódicas que recoñeza. Veña!!!

4. Viva la vida. Séptima canción. Como é o 2º single do disco creo que non precisa moita presentación. Para min debería ser o primeiro single porque, na súa curta duración, encerra moitos dos secretos destes “novos coldplay”, deconstruídos para este novo disco e, quen sabe, quizais tamén para o seguinte tramo dunha carreira que parece imparable.

Non vos anoto máis, porque daría para todo o día, e non me chega o tempo. Iso si, acabar recomendándovos encarecidamente o que é un dos discos do ano, quen sabe se quizais da década. Andaba buscando eu un referente para a miña memoria sentimental deste tempo, velaquí un serio candidato. Coldplay cautiva pola súa renovación, polo seu estilo, pola súa potencialidade creadora, pola súa calidade in crescendo, e por ser un referente musical capaz de traspasar barreiras xeracionais, creando sensacións intemporais. Coldplay son grandes.

Advertisements

One thought on ““VIVA LA VIDA”: novo CD de COLDPLAY

  1. Eu fun o concerto de Madrid de onte, estou sen durmir pero todavía alucinada cun dos mellores espectáculos que vin na miñan vida.

    ¿Non estarías tamén alí por casualidade?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s