REALIDAD DAIMÓNICA, de Patrick Harpur

realidad daimonica 01

Vacacións. Tempo de lecer. Con todo o tempo de mundo entre toma de sol e toma de sol, e aínda entre mariscada e mariscada (isto, claro é, só para os máis pudientes), aconséllase sempre o facerse cunha pequena “librería” que devorar ou, no caso máis común dos que coñezo, afrontar ou retomar eses libros que, por circunstancias da vida e o momento, quedaron fosilizados nos nosos anaqueis, chorimiqueiros, á espera dunha oportunidade.

Hoxe tráiovos un deses libros que, na miña memoria sentimental, residían á espera de que a “oportunidade” de atoparmos nalgunha tenda, e o tempo dispuxese minutos libres, lles permitise agromar na lectura. Un libro, xa volo digo, sorprendente en temática e enfoque, e non apto senón para seres extraños, de mente desequilibrada ou desquiciada, e por tanto cunha inmensa capacidade de sorpresa. O título xa o di todo: Realidad Daimónica.

Ao longo das súas páxinas accederes a un ensaio onde se presentan figuras populares caracterizadas como “míticas”, desas que sempre están no “imaxinario colectivo” das sociedades e que, de forma tan mística como estas propias figuras, son capaces de atravesar psiques e culturas. Algúns exemplos?!: os círculos no millo, as hadas, as bruxas, as figuras “monstruosas”, as luces no vento e as distintas interpretacións que tal fugura pode ter… e máis e máis.

Patrick Harpur, filósofo e novelista, é un autor peculiar polo seu enfoque. Se un pensa en “filósofo” inmediatamente, ou case, fuxiría do libro como da peste (a literatura filosófica adoita, non sabemos porqué misterio, ser abondo farragosa). Sen embargo Harpur ten unha pluma florida, afronta o tema co excepticismo e a curiosidade de persoa calquera, e achega esas doses imprescindibles de sabedoría que fan da viaxe polas páxinas unha suave e agradable travesía. De feito, para telo comezado de ler hai poucos días, e collendo aínda un horrible libro de historia polo medio (do que falarei pronto), gardo no maxín aínda a lembranza de moitas ideas e palabras.

E, se fose pouco todo isto, o libro vén garantido polo selo do proxecto editorial máis interesante, ecléctico e tolo de todo o panorama editorial español: Atalanta. Xa falei no seu día de Jacobo Siruela (o editor e creador deste proxecto), así que creo abondo xustificada esta pertenza como unha garantía de ser un libro interesante, accesible, intelixente e capaz de dar doses inxentes de entretemento. Xa me diredes, se accededes a el, que tal vos foi.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s