B.S.O. “BABEL”: “el besito cachichurris”

cartel babel

Mércores pola tarde, hora de comer, conduzo para ir buscar a Nacho a súa casa, imos ir xantar churrasco do bo ao Santiso. No stereo co coche sona unha banda sonora, nun CD que teño onde están compiladas varias das mellores BSO desta década: 2046, The Black Dalya… e Babel. Precisamente está sonando esta última, cunha excelente sonoridade orquestal e con pistas intermedias que constitúen un meddley de música tradicional das tres culturas nas que se inspira, e coas que traballa, Babel: oriental, musulmana e mexicana.

A esta última, a mexicana, pertence esta canción que vos linco: “besito cachichurris”. Ademais, coa sorte de que esta canción é “exactamente” a mesma versión cá da BSO (xa volo adianto, para que non vos preguntedes se é posible). Da canción, destacarvos varias cousas. Primeira, nin Nacho nin eu resistimos os lagrimóns da risa con esta canción; porqué non canción do verán? Segundo, a letra é mundial, moi recomendable para mocidade adolescente e hiperhormonizada. Terceiro, esta letra é un “tipo” de canción que promoven as autoridades mexicanas para a educación social da súa mocidade, tratando de forma liviá temas trascendentes; que vos parece este tipo de “intervención” pública?

Espero as vosas opinións cando rematedes de escoitar esta xoia da música:

Despois tedes, se buscades en Youtube, outras posibilidades e versións desta mesma canción. De todas destaco a de Diego Luna, o ganador de OT que tanto lle gustaba a Kike Santander. Para que vexades o baixo que se pode chegar se un traballa duro.

Pasádeo ben e desfrutade nestes días chuviñentos e tristóns. Avémonos o luns que vén con novos post de contido descoñecido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s