¿PRECISA ESPAÑA UN PARTIDO LIBERAL?

Liberal Democrats Logo

A vergonzosa intervención inmobiliaria que vén de anunciar o Goberno de España, coa adquisición de solo privado para a construción de VPO, fíxome retomar unha vella pregunta: ¿precisa España dun partido liberal? Esta reflexión non é algo de vello, seguro que a algúns de vós xa volo teño comentado algunha vez, e todo xurde da idea e o convencemento de que o liberalismo, ben entendido, pode resultar máis progresista, solidario e colectivamente integrador que moitos dos que se din “progresistas” e, por suposto, sempre máis cós “neoconservadores” que copan a dereita española.

Con todo, antes de afondar máis na pregunta, quixera aclararvos que é para min o “liberalismo ben entendido”:

1. O Estado debe cumprir funcións esenciais, e é un instrumento de importancia inherente a calquera mecanismo de organización e goberno social. Entre estas funcións, ademais da típica da seguridade (característica do “liberalismo radical”, e que anglosaxóns coñecen, acertadamente, como “anarquismo”), están outras tamén esenciais: análise macroestrutural do estado, vixilancia -que non control- dos axentes públicos e privados, información permanente e exhaustiva de todo canto afecte ao colectivo social ou sexa produto do seu devir e/ou acción colectiva, creación dun marco pacífico de diálogo e colaboración internacional (Keynnes tamén é básico neste enfoque)…

2. Os actores sociais son corresponsables, e tal responsabilidade debe esixirse, fomentarse, e controlarse. Por actores sociais entendo tanto as empresas, como calquera outra organización pública e privada como, por suposto, a cidadanía. Todos somos corresponsables do goberno colectivo, así como do noso particular, e e canto “corresponsables” precisamos de “información adecuada”, mecanismos de deliberación inherentes, e vías de transformación da decisión en acción. O Estado, por suposto, é garante imprescindible de todo isto.

3. O “Republicanismo” e o “civilismo” son perfectamente compatibles co “liberalismo”. Iso é porque, igual que a “liberdade” só se transforma a través da “convivencia” cos demais, esta convivencia só é posible a través da súa organización en base a uns valores e actitudes que, casualmente, o republicanismo describe e representa de forma perfecta. Isaiah Berlin motivou esta reflexión con toda solidez, cando distinguiu e trazou as liñas entre a “liberdade positiva” e a “liberdade negativa”. Adam Smith, curiosamente, foi un precursor desta idea nunha súa obra ensombrecida e case que esquecida, pero de obrigatoria lectura, Teoría de los sentimientos morales (hai edición barata de peto en Alianza). En canto a liberdade de un se manifesta a través dos demais, os valores colectivos, a moral e a ética públicas son parte imprescindible dunha sociedade “liberal”, recoméndovos entón outro libro, contemporáneo, que trata esta cuestión: Sobre la ética y la economía, do bengalí Amartya Sen, con edición tamén en Alianza.

Resposta á pregunta: si, España precisa un partido liberal. Un partido que denuncie os abusos de poder dos partidos tradicionais, que interveñen e favorecen ao privado vulnerando, primeiro, a palabra dada, e segundo, e máis grave, os intereses da sociedade. Un partido comprensivo e defensor das liberdades cidadáns e os dereitos manados do individuo: liberdade de elección en cuestións como o aborto, a eutanasia, a educación… Un partido cun discurso civilista, que reivindique instrumentos republicanistas de deliberación pública, que afronte a responsabilidade de informar sen fronteiras e decidir sen trabas…

En Europa, os partidos con este espírito existen, como tamén existen en Estados Unidos. Pero, certo é, non son máis ca “terceiros partidos” ou “partidos chave” sen posibilidade de “transformación social”. Con todo, a súa influencia tense demostrado básica para a defensa das liberdades públicas e os dereitos civís. Como exemplos quero traer aquí dous líderes nos que, non en van, teño posto o ollo:

A. Nick Clegg e os “Lib-Dems” de Inglaterra. Nick Clegg non é un líder calquera. A súa mocidade e empurre fan del un líder perfecto para os tempos que corren no seu país, onde un Gordon Brown desesperado pola súa caída libre busca nas prácticas conservadoras de recorte de dereitos e liberdades o instrumento de lexitimación que tanto precisa, logo de chegar ao 10 de Downing Street como chegou (sen eleccións e polo traspaso de poderes de Tony Blair). O seu discurso, calquera socialista español de ben non tardaría nin 1 minuto en aceptalo e asinalo… ¡e disque é liberal, señores! Os Lib-Dems nunca deixaron de ser segunda forza, nos seus mellores tempos, pero é a súa presenza e o seu discurso o que, ás veces, marca a diferenza entre o desgoberno no que estamos sumidos e o afrontar momentos complicados con valentía.

B. Ron Paul, Partido Republicano (USA). Ron Paul foi candidato ás primarias republicanas de 2007 e, con a penas un 6-14% de apoios, caeu dos primeiros na loita pola nominación. Dende aquela, negouse a apoiar a John McCain porque, disque, non defende aos cidadáns, senón aos intereses privados e das corporacións. Igualmente, negouse a apoiar os TLC (ou ALCA) que os USA fomentaron cos países iberoamericanos porque, segundo el, “estos tratados no son ni buscan el libre comercio” (toma ya!). Discutiu coa Reserva Federal sobre análises e vaticinios do devir económico do seu país. E, coherente coas súas ideas, desalenta o voto para o Partido Republicano, e si o pide para o Partido Libertario. A súa visión do “liberalismo” está publicada no libro The Revolution: a manifesto; mercareino en NYC. E todo isto sendo de…. adiviñádelo????……… de Texas!!!! (si señor!)

España precisa xente así. Galicia precisa xente así. O benestar de todos, a través da busca do benestar das persoas.

Advertisements

3 thoughts on “¿PRECISA ESPAÑA UN PARTIDO LIBERAL?

  1. Se olvida usted señor Hidalgo de que a pesar de su idílica visión del liberalismo (basada en la simple teoría -el comunismo también era una maravilla- y en ejemplos de personalidades que no tenemos muy claro como actuarían si alcanzaran un poder efectivo), un sistema liberal deja en manos privadas “absolutamente” todo el sistema económico de un país o sociedad, así como los sistemas sanitarios y de servicios principales. En mi humilde opinión, el Estado no puede dejar en manos privadas absolutamente todos los servicios que precisen los ciudadanos para la cobertura de sus necesidades básicas ya que en lugar de un sistema de mercado, nos encontraríamos ante una “tiranía empresarial” que situaría a los ciudadanos en manos de 4 (como mucho 5) magnates. ¿Podría el Estado liberal hacer frente a los excesos del sector privado? No lo creo. Póngase como ejemplo: EE.UU. Mucho dinero, mucha potencia militar, pero algunos de sus ciudadanos mueren en las salas de espera de urgencias o se arruinan para poder recibir un tratamiento, y las grandes corporaciones manejan a su antojo la economía del país: la crisis bancaria en la que nos han metido a todos y ENRON el caso más claro de que los sistemas de un Estado “liberal” no pueden contrarrestar las malas artes de las empresas.
    Sin embargo, España sí necesita un partido liberal, al igual que un partido comunista (no ese cajon desastre de IU) e incluso un partido de extrema derecha (aunque este último ya lo tiene ¿no?), porque la diversidad de partidos y de opciones políticas siempre es buena en democracia, por poco que nos gusten.

    Un saludo de mi mismo, de mi mujer Elvira y de mis “niñas” Soraya y Mª Dolores.

  2. Vexo, don Ignacio, que le vostede coa mesma certeza que comprende o que, negro sobre branco, escrito hai. O motivo, creo, non é outro que o de intentar amoldar os seus prexuízos á miña esperanza en que, quizais, algo sexa capaz de renovar e mellorar a política en Galicia e en España. Con boa fe, procedo non só a aclararlle as súas demagoxias, máis tamén a desenredar os seus enganos:

    1. “tiranía empresarial”? Fixouse vostede no necesario do Estado que eu propoño, en que me distancio expresamente do liberalismo “anarquista” ao que vostede me asocia, que falo de “regular” e de “controlar” aos actores -tamén privados-, e que propoño un goberno colectivo a partir da noción de “persoa” (por tanto, individuo posuidor de dereitos e deberes)?

    2. “dejar en manos privadas”?! “Regular” non é o mesmo que “desregular”, “avaliar” non é igual a “obviar”, e “controlar” non é igual que “deixar” en mans de quen vostede queira. Tal acusación carece de fundamento e, ou ben quere confundir, ou ben se confunde vostede.

    3. “Sólo teoría”?! Creo que tanto Clegg como Ron Paul son exemplos de que a práctica pode chegar a conseguirse, e de que a coherencia coas ideas de un é a primeira clave. Lea vostede, unha recomendación, os estudos de Amartya Sen sobre o “desenvolvemento ético”, aprenderá sen dúbida que posturas como a descrita aquí son tan reais como prácticas, tanxibles e concretas.

    4. “la diversidad de partidos y opciones es siempre buena en democracia”. Parcialmente de acordo. Estou certo que a politización de moitas ideas, mesmo a súa transformación en partidos, é positiva, pero unha cousa é iso, e outra cousa é o falar de “opciones”. En que países hai máis de 3 partidos con “opcións” reais de gobernar -trate do nivel de goberno que se trate.? De feito, comprobará vostede que os países nos que iso acontece, precisamente, caracterízanse por unha alta inestabilidade polítical, alta volatilidade civil e, alla fine, por unha alta posta en cuestión do cerne fundamental do funcionamento correcto da democracia.

    Espero, con isto, terlle aclarado mellor as cousas. Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s