GOLDFRAPP: recomendación musical

goldfrapp supernature

Sábado-noite. Despois dun día axitado descanso, medio durmido, sobre o sofá do salón facendo Zapping. Nas xeneralistas, merda; xa evito pasar o mando por elas. Nas canles que sempre vexo, todo repetido mil veces, ou ben visto outro millón de veces. Decido, para durmir mellor, ir ás canles musicais. En MTV, un dos meus músicos predilectos desta nova década, Moby, ten un programa de 2 horas coas súas recomendacións musicais. Recocixo persoal: coñézoas case que todas (Orbital, Massive Atack, Brand Van 3000…) e coincidimos en gustos (especialmente recomendable Massive Atack).

Pero claro, un afeccionado non pode esperar igualar ao mestre; outra cousa sería caer na necedade. Moby asáltame con unha sorpresa, un grupo inglés, de sonido renovadísimo e melodías clasiquísimas, de ritmos evocadores e voz suave: Goldfrapp. Collo rapidamente o ipod-touch e asalto iTunes para buscar o grupo, en poucos minutos coñezo toda a súa carreira, teño acceso a todas as súas cancións, e polo avance de 30 seg. de cada canción que podes escoitar no iTunes pode un facerse unha idea da evolución do seu sonido.

A canción cuxo vídeo vos linco é, precisamente, a recomendación de Moby: Pilots. Unha canción que corresponde ao seu primeiro CD, Felt Mountain, de 2000. Este é, sen dúbida, o CD de ritmos máis clásicos e melódicos, nos demais discos houbo unha ruptura cara á música electrónica de pista de baile e, no seu último CD, Seventh Tree (2008), xa se observa unha coincidencia coas novas tendencias neste estilo; de feito, o pouco que puiden escoitar recordoume ao último disco doutro dos meus grupos favoritos, Portishead, Third.

Así que, permitídeme dedicarlle hoxe este post a este grupo. Lembrade: Goldfrapp. O estilo é música electrónica, cunha evolución progresiva dende os ritmos suaves e melódicos cara as tensas revolucións ritmicas de sintetizadores e vibracións sónicas. Os seus compoñentes son a solista e letrista: Alison Goldfrapp, e o enxeñeiro de son electrónico e compositor, Will Gregory. Pulsade o play e gozade con un single perfecto para o descanso veraniego: Pilots.

Deica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s