THOMAS PYNCHON, NYC, e LECTURAS DE VERÁN.

Thomas Pynchon

Un dos debates máis significativos desa estúpida retórica chamada “teoría da literatura” ben a ser aquel que distingue o autor, en canto persoa, da personalidade autoral, en canto creadora de literatura e de “experiencia lectora”. Nos seus sesudos debates chegaron á conclusión de que a plebe lectora confunde o primeiro co segundo, ou á persoa que escribe coa obra escrita. Algo así como se pensásemos que Laura Gallego, realmente, viviu na época dos dragóns, ou que Arthur C. Clarke, realmente, viu ao planeta terra destruírse e reducirse a po de estrelas -mesmo pode que varias veces.

Outra cousa, xa menos estúpida, é que as editoriais busquen o/a autor/a, cada vez máis, como un reclamo publicitario, e que o mercado responda a estas estratexias comerciais cunha lóxica ígnición, ou sexa, buscando a máis autores de máis obras en cada vez máis lugares e literaturas. Por suposto, a meirande parte dos autores se deixan arrastrar por unhas masas enfervorecidas que, en tendas, grandes almacéns ou feiras se agolpan arredor dos exemplares, quizais, unicamente coa intención de telos como plataformas ou portadores de autógrafo ou rúbrica (pois especulo coa posibilidade de que estes “compradores” ou “coleccionistas de autógrafos” disten significativamente de ser “lectores”). Algo similar a aqueles que teñen nos seus anaqueis pelotas asinadas por Mickey Mantle ou Babe Ruth sen ter pisado xamais un campo de diamante.

Con todo, tamén é certo que hai autores que nunca se deixaron atrapar por este xogo. Don Delillo fai unha reflexión estupenda sobre esta cuestión en Mao II -do que xa falei aquí-. E un dos amigos de Delillo, e máximo expoñente da literatura estadounidense do último cuarto do século XX, é o paradigma do autor-que-fuxe deste xogo: Thomas Pynchon. Precisamente del, e do feito que só se lle coñece unha foto do servizo militar de hai unhas cantas décadas xa (na actualidade sábese que ronda os 70 anos), tense feito moita referencia, algunhas veces para criticalo, outras para comentalo, e outras para facer mofa ou sorna del (os simpson, na foto adxunta a este post, fixeron mesmo mención a el).

E ten máis mérito aínda se consideramos o consenso arredor da súa transcendencia como autor (algúns, como Auster ou Delillo din del que é o meirande autor americano do fin-de-secle), do exiguo da súa obra (só 7 novelas en 40 anos), e do “novidoso” que resultaron moitos dos seus libros (véxase o impacto de “El arco iris de la gravedad” ou o desconcerto de “V.”).

New York, Long Island, e Pynchon

Un dos meus obxectivos nesta viaxe veraniega que teño proxectado a NYC é “buscar” a Thomas Pynchon. Non pensedes, claro, que vou ir por aí coa lupa posta e a súa foto de hai 40 anos pendurada do pescozo, en absoluto, pero si podo asegurar que estarei atento a todo o mundo na busca dunha cara, un xesto, unha actitude, que o delate. Que faría se o atopase? Nada. A satisfación privada e íntima de sabelo, de saber que o vin, e que podería volver a recoñecelo, é abondo -de que serve a sensación de “posesión do escaso” se, rapidamente, se convirte en común… Así que espero poder velo e ter noticias que contarvos.

Lecturas para o verán

Por certo, teño xa a miña axenda de “libros para ler” neste verán. Déixovola aquí rexistrada por se queres información dalgún deles ou, simplemente, propoñer as vosas recomendacións:

– Ata o 18 de xullo: El poder de las tinieblas, John Connoly (peto, tusquets, novela negra)
– Ata o 23 de xullo: La torre de la golondrina, Andrezj Sapkowski (Bibliópolis fantástica)
– Ata o 31 de xullo: Mason & Dixon, Thomas Pynchon (Tusquets)

O mes de agosto, de momento, déixoo libre por se me queres aconsellar calquera outro libro. Eu prometo considerar todos os autores e/ou novelas que me digades.

Por certo, hoxe hai en Casa del Libro unha oferta para os gastos de envío gratis, así que se tedes a vosa lista feita e non o atopades, podedes aproveitar para mercarllos alí e que volos envíen a casa libres de custo. Viva a lectura!!!

Advertisements

One thought on “THOMAS PYNCHON, NYC, e LECTURAS DE VERÁN.

  1. En NYC seguro que o atopas, nesta cidade máxica todo, absolutamente todo aparece. só tes que ter os ollos ben abertos.

    Xa me contarás…

    Lee Columbia Universty )specially for u.

    Bicos dende NYC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s