BREVE HISTORIA DE ESTADOS UNIDOS

Philip Jenkinhs Breve Historia

Este é o primeiro libro de ensaio-historia que traio a este blog dende que estou en WordPress, e é un excelente libro para comezar. Pero vaiamos por partes.

1. A colección Alianza-Historia en peto. Esta é unha das poucas coleccións de peto que teñen ensaio que, realmente, merezan a pena. De feito, non son poucos os autores que leo nesta colección: en antropoloxía, Marvin Harris ten aquí case que toda a súa obra (incluído o seu manual universitario), en filosofía, está case que toda a obra de Kant, e en Historia destaca esta “subcolección” de “breve historia de”… xapón, alemaña, ou Estados Unidos.

2. Que interesante é a historia dos USA. Máxima que uso: “critica só cando saibas porqué”. O porqué, claro, pode variar, poder acceder a novos argumentos, a novas ideas, a perspectiva que no consideraches e que consigan facerche cambiar de opinión. Con todo, sen saber, sen ter nin idea do “que”, non é concibible a crítica. E os USA son, pola súa transcendencia presente e futura a nivel global, o pais que de forma máis transcendente e importante debemos coñecer. Canto máis, mellor para todos/as.

3. O autor, Philip Jenkins, é un narrador fluído e ameno. A calquera que lle dixeran que este é un libro de “historia” o primeiro que faría sería, probablemente, botar un bufido de desespero. En absoluto ten porqué ser así. Jenkins é ameno, a súa narrativa é fluída, e a historia dos USA ten moito que contar, mesmo pode que acabemos o libro querendo saber máis, afondar na importancia de personaxes e figuras. Ademais, o libro está estruturado en “mini-perspectivas independentes”: cultura, política, electoral, economía… que se poden ver de forma independente, pero que tamén amosan unha perspectiva poliédrica moi completa.

4. O personaxe máis intrigante. Pechadas as capas do libro todos temos un personaxe que nos chama máis a atención, ou un período ou contexto que nos resulta máis rechamante, do que quixeramos saber máis. O meu está na páxina 175: William Lloyd Garrison, quen en 1854 queimou publicamente un exemplar da Constitución dos Estados Unidos para denunciar as leis esclavistas que viña de tomar o goberno federal, e o desvirtuamento que supuñan estas leis dunha Constitución que proclama a todas as persoas iguais. Pregunta: ¿sería posible un episodio como aquel hoxe?

Xa sabedes, o libro chámase “Breve historia de Estados Unidos”, escríbeo o historiador americano Philip Jenkins, está editado en Alianza-Historia-Peto, e supón unha literatura lixeira e relaxante que alecciona, ensina e consegue ensinar algo máis sobre un dos países máis importantes na historia dende o séc. XX aínda ata os nosos días. Saber é poder.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s