VOLVE “OASIS”, VOLVEN OS GRANDES!

Oasis Group

Daquela era o 1994, eu tiña 17 anos, e pola radio sonou a canción que aínda a día de hoxe considero como un dos meus “himnos da adolescencia”, Supersonic (Give me Gin and Tonic), e despuntaba nas radios españolas o “pai” daquel movemento coñecido como ‘Brit Pop’, Oasis. Por aquelas datas eu tiña media-melena, e tiña xa un look moi Brit (vaqueiros gastados, camisas de cadros por fóra, peinado ‘beatle’, e a actitude adolescente que tan ben casaba coa irascibilidade da voz e o carácter de Liam Gallagher). O meu, evidentemente, foi un flechazo.

Ademais, o LP “Definitely Maybe” era un ‘discazo’ que ocupa no meu ranking sentimental o podio de “mellor disco da década” xunto co Nevermind de Nirvana, e o OK Computer de Radiohead (dos que xa falarei no seu día). Poucos grupos e pouca música me marcou tanto como a de Oasis. Os anos seguintes foron igualmene gratificantes e frutíferos: “(What’s the story) morning glory?” non está no podio pero si dentro dos 10 mellores, para que vos fagades unha idea da magnitude daqueles anos; “Be Here Now” era una correcta pero nada brillante continuación da estela; e con “Standing on the shoulders of gigants”, simplemente, a luz se apagou.

Hai 1 día Oasis anunciou que en setembro ten novo single e, en outubro, novo LP. “Don’t belive the truth”, de 2005, levoume outra vez ás tendas de discos… despois de renunciar a seguir a súa carreira decadente (pasoume igual con Mike Oldfield). En 2oo8 “Dig out your soul”, nome do novo album, devolverame outra vez ás tendas coa “esperanza” de ver a un dos meus grupos de referencia recuperar o seu brillo.

Algo me dicía nestes días, con todo, que pronto ían a volver, e que eu estaba volvendo aos tempos de Oasis. Sen saber moi ben como, hai pouco volveu á pletina do CD o “Definitely Maybe”, e volvín ao vídeo de “Whatever” (apta para todos os beatlemaníacos), e volvín a buscar aquela camiseta clandestina de Oasis que levaba cando quería blandir bandeira non só dun grupo ou dun movemento musical, senón tamén dunha actitude ante a vida. O pasado volve dunha forma concreta e real. Agora só queda que o 29 de setembro, cando se edite o single de presentación, “The sock of the lightning”, poda descubrir se o pasado volve tamén coa mesma forza ca daquela. Paciencia.

Advertisements

2 thoughts on “VOLVE “OASIS”, VOLVEN OS GRANDES!

  1. vin unha entrada túa na que falabas da Esedé Compostela, atopeina por casualidade, debido á gran afección que tenho polo equipo. Vin que ponhias que na próxima tempada igual te acercabas a ver algún partido, animoche a que finalmente sexa así. Entre todos, os que actualmente somos socios e asistimos a cada partido, e os que nalgún momento fostes afeccionados e seguíades ao equipo cada domingo, temos que levar ao COMPOS a onde o merece. Visitarei a miúdo a túa páxina.
    Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s