QUIZAIS SEXA ESTE… OU QUIZAIS NON?

Marta máis eu levamos tantas voltas dadas con este tema que, cando escribo isto, non podo deixar de sentir certo medo, dúbida, incerteza… chámeselle como se queira. A cousa está en que todos os anteriores coches que perseguimos (Focus e Mazda) sempre se nos escaparon, e un non pode evitar pensar naquilo de que “nunca hai 2 sen 3”. Aínda que a sabedoría popular sempre ten un refrán para cada desexo así que… ¡porqué non dicir a voz en grito aquilo de que “á terceira vai a vencida!!!!

O caso é que o Honda Civic se nos presentou como unha posibilidade cada vez máis concreta, sen problemas coa enxeñería, coa pintura, co habitáculo, coas posibilidades do motor… e dixemos: ¡que carallo, para un que se nos aparece no camiño, como lle imos a facer ascos coas voltas que levamos dadas!!! Así que aquí estamos, escribindo este post a 14 dedos (10 dela, 4 meus) para dicirvos que quizais moi pronto teñamos noticias boas (horas ían sendo) que darvos.

Permitídeme, con todo, pedirvos un último favor: cruzade os dedos por nós, pensade en  nós cando vexades calquera coche por aí, un bo desexo, unha mirada ao ceo en lembranza ou ansia, calquera mínimo detalle será mil veces sentido e agradecido. Nunca mercar un coche foi tan difícil e precisamos de todo o voso apoio. En 4 días, quizais menos, teremos novidades que darvos. Contamos con que sexan as definitivas.

Grazas a todos/as polos vosos ánimos. Marta máis eu sabemo que temos moitos/as amigos/as en vós, aínda máis, sabemos que sodes os/as mellores. Unha aperta!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s