SALVADOR ALLENDE: “COMPAÑERO PRESIDENTE”

Expoño este post, hoxe, cos ollos enchidos de bágoas. Poucas figuras históricas e políticas, sociais e humanas, me conmoven coa intensidade de Salvador Allende. El foi un patriota chileno, coa alma bondadosa e as ideas claras, que loitou coas mans limpas e os brazos abertos, por un socialismo chileno democrático e solidario.

A súa forza uniu a todo un pobo e, como el vaticinou nun discurso conmovedor, só as bombas caendo sobre o Palacio de la Moneda de Santiago, o 11 de setembro de 1973, lle impediron cumprir o mandato popular (a traxedia do 11-S de 2001 oscurece, tamén, este dramático día para a historia democrática).

O ano 2008 cúmprense 100 anos do nacemento, o 26 de xuño de 1908, de Salvador Allende. A Universitar de Valencia, para celebrar esta data, saca un libro onde ensalza a figura do “compañero presidente”, repasa a súa vida e os seus 3 anos á fronte do goberno chileno (1970-1973), e, sobre todo, nos devolve a perspectiva aos socialistas sobre a figura dun home de transcendencia ineludible. Amigos, amigas, permitídeme hoxe -insisto, co corazón nun puño- recomendarvos a todos este libro.

Mario Amorós: Compañero Presidente. Salvador Allende: una vida por la democracia y por el socialismo. Universitat de Valencia, 2008.

Referencia e introdución en: http://www.rebelion.org/docs/66078.pdf

Finalmente, permitídime darvos aos que tedes influencia nas forzas sociais do País, unha idea que é, ademais, unha íntima ilusión, Gustaríame que o 26 de xuño gardásemos no mediodía, todos/as, un minuto de silencio pola vida dun home que deu, precisamente, a súa, polo socialismo en democracia. O respecto debido a un home de valores e principios inquebrantables, polos que deu a vida, unha vida que entregada pola liberdade de todos e todas nós.

Salvador Allende… Salud!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s