VIVA KEYNES!

As crises son as mellores épocas para avaliar a validez de determinadas teorías e posicións socioeconómicas. Por iso, estando como estamos ante un ciclo de crises de distinta natureza: crediticia, nos USA; inmobiliaria, en España; monetaria, na UE… chegou o momento de avaliar á economía liberal-capitalista, á Escola de Chicago, á Escola Austriaca, e a tantas outras escolas e filosofías económicas liberais cuxa “lei da natureza das cousas” parte dun adaggio común: unha mellor economía provén de menos Estado e máis Capital. Lei, por certo, que leva poñéndose en acelerada práctica dende xa hai varios lustros en todo o mundo occidental.

O exame teórico-filosófico é claro: o liberalismo suspendeu como teoría socioeconómica válida. Tanto é así que todos os analistas, en todos os Estados ‘en crise’ ou ‘en desaceleración’, coinciden na diagnose: o Goberno non fixo os deberes (ou non se lle permitiu facer?) no erguer as garantías e situar as prudencias sistémicas necesarias, imprescindibles para evitar que os excesos e as irresponsabilidades da empresa e a banca privada provocasen o que, hoxe e agora, está a pasar.

Tan rotundo é o suspenso do liberalismo que, postos a buscar un novo marco teórico común no que empezar a poñer solucións, o consenso tamén parece amplo. Diante das escolas, os teóricos, as filosofías, as obras terribles de Hayek, Rothbard, Mises, Strauss & Company… Unicamente un home, un adusto economista escocés de gustos modestos e costumes sobrias, é a mención maioritaria: John Maynard Keynes.

El soiño, sen axuda de ninguén, bastouse para presentar non unha alternativa ao capitalismo, pois era un seu defensor, pero si unha ‘filosófía do capitalismo’ que permitise construír un marco estable no que encaixar a contribución ineludible dun actor económico transcendental: o Estado. Unha filosofía que se pode sintetizar en dúas palabras: “demanda agregada”. E que rezaba que, permanentemente, o Estado debe asegurar a disposición e o estrito cumprimento dunhas regras mínimas que garantan a competencia en igualdade de condicións, e que en tempos de crise, o Estado debería estimular a “demanda agregada” realizando fortes investimentos, absorvendo o desemprego do sector privado…

Durante moitos anos, pode que mesmo décadas, as ideas de Keynes estiveron asociadas co socialismo ou, mesmo, co comunismo. Mentiras negativas creadas polos liberais, aqueles aos que hoxe a realidade dunha crise sistémica do capitalismo exacerbado humilla e pon en evidencia para desgraza de todos/as, coa intención de manter o campo libre para os seus intereses privados… e privativos. Agora que o Estado é necesario, renucian a discursos e teorías para afirmar, en silencio cómplice e clamoroso, que precisan do estado para ‘rescatar’, para ‘investir’, para ‘movilizar’ recursos.

Simplemente, Keynes tiña razón. O liberalismo caeu do pedestal. De feito, a el seguimos a recorrer cada vez que unha crise económica asoma. Parece mentira que un só economista poda contra tanta ignominia, pero os feitos son tozudos, e o tempo, xusto. Por iso hoxe podemos gritar, coa fachenda da razón… Viva Keynes!

Artigo que publiquei no Xornal.com, onde colaboro como “columnista”

Advertisements

One thought on “VIVA KEYNES!

  1. O problema benquerido amigo Fran, e que a xente que ainda dirixe a economía nos Estados Unidos, sigue pensando en Milton Friedman, e ainda peor en posicions tan pragmáticas pero o mesmo tempo retrógradas comos as de Reagan.

    Primeiro comentario de moitos que vendrán

    Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s