O DÍA DESPOIS – O MES ANTES

Pasado o Día do Libro fixen modestas compras: 5 libriños de peto, todos ensaio. Un deles, ao que máis gaña lle tiña, é o que ilustra este post: “Auge y caída de las grandes potencias“, do grande historiados Paul Kennedy. A súa teoría, interesantísima: a potencia militar determina o poder das potencias pero, chegado a un nivel de desenvolvemento militar, e canto o incremento do gasto non maximiza o rendemento da potencia, e que é síntoma histórico de “decadencia imperial”.

Este libro, podedes supoñer, non deixou indiferente a ninguén, e é unha referencia nun debate “ius internacionalista” e “polis internacionalista”: están os USA en decadencia? Se si, quen apunta a substituílos? Se non, cal é a característica desta “potencia americana” nun tempo tan convulso como o finisecular que aínda arrastramos? Todo por dicir, verdade?

Os outros 4 libros son “ensaio científico“, físico máis concretamente, e aínda máis concretamente se corresponden a unha colección que sigo con continuo interese “Drakontos-Bolsillo“; unha colección científica e divulgativa que corresponde a outra das miñas editoriais ‘fetiche’: Crítica  (o catálogo histórico-político é impresinante e volo recomendo encarecidamente!”). Os 4 libros que merquei son: Leyes del caos; La partícula divina; Las partículas elementales; e Entrelazamiento.

Este 24 de abril tamén é, xustamente, o mes antes de que “en teoría” nos dean o coche que tanto tempo levamos esperando e que a min, persoalmente, xa me tarda en recibir. Teño a certeza de que nos chamarán ou antes (ese é o meu pálpito) ou despois (tampouco sería de estrañar). En todo caso, o sabermos que xa estamos tan preto é algo que me ten moi emocionado.

Mañá sígovos contando!

Advertisements

One thought on “O DÍA DESPOIS – O MES ANTES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s