“IO VOTERÓ VELTRONI”

Domingo e luns celébranse as atípicas eleccións italianas: en certas rexións ata 5 tipos distintos de eleccións, con distintos tipos de papeletas, e distintos tipos de candidatos. A novidade neste tempo é que existe unha extraordinaria política de esquerdas que quere facer, ademais, cambios extraordinarios. Pero non co obxectivo de crear revolucións, ou cambios radicais, ou polarizar, ou enfrontar… Non. A esquerda quere cambiar… para normalizar!

O sistema político italiano ten que abandonar o caos no que leva décadas vivindo. A política debe servir para construír e para crecer, para que un progreso colectivo sexa quen de construírense, mantérense e crecer. E Italia leva xa demasiados anos instalada no desgoberno, na política do interese, e no debate da “palabra pola palabra” para que isto sexa, de por si, algo capaz de mudar.

Por iso valoro en moi alta medida a valente decisión das forzas progresistas italianas que, superando divisións e afrontando retos, foron quen de construír un proxecto unitario e de longo percorrido como o Partito Democrático (PD). De definir un proxecto común con sólidas bases de cambio. E, sobre todo, de elixir un líder co talante e a capacidade de chegar á xente e de crear acordo arredor de si como Walter Veltroni.

Veltroni era xa o alcalde de Roma cando vivín en Italia, e non destacaba precisamente por ser un político prometedor; un bo xestor pero sen a proxección que prometían daquela D’Alema, Fassino ou ‘il cino’. Sen embargo, os anos, e sobre todo o “tempo de construción” do PD ensináronme un político moi distinto daquel que coñecía. Nótase que a súa experiencia como alcalde lle ensinou moitas cousas. Nótase que o pertencer a unha “xeración perdida” da política italiana lle fixo tomar decisións difíciles e decisivas. Nótase que foron os duros tempos do ‘berlusconismo’ e do ‘caos progresista’ os que fixeron de Veltroni un home decidido e unificador.

Eu, aínda que só sexa co corazón, votarei por Veltroni. Cruzarei os dedos porque Italia poda reiniciar a súa busca do “sentido común”. E que a esquerda daquel país recupere o camiño que dende Gramsci perdeu, e nunca debeu ter abandonado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s