CUTRE E INSUBSTANCIAL

Onte abriu a Feira do Libro de Compostela. Paseando por ela co camarada Costa pensaba que o ano pasado vira a “peor posible” e que o Concello de Compostela non podería empeorar; coma sempre que penso que este equipo non o podería facer peor (cousa, por certo, harto frecuente), equivoqueime. 16 casetas, 4 delas monotemáticas (Enciclopedia Gallega, editorial Galaxia, editorial Kalandraka, e a da propia Feira) e 12 librerías con oferta monotemática e casetas anodinas. Acabouse a feira.

Onde quedou a ‘Cidade Europea Capital da Cultura’? Onde reside o espírito daquela Compostela ‘capital’, faro do País, tamén, en cuestións como a organización deste tipo de eventos? Nada daquilo queda xa. Compostela non pasa de ser unha aldea grande, un simple vilar, con oferta de libros de gran público (non importa a idade, pero de venda masiva) e onde políticas como a promoción dos libros, o mimo de públicos especializados (ou de xénero), a organización de actividade anexa á Feira (talleres, concursos, charlas)… nada diso hai. Só un gran baleiro de capacidade…

…e intencionalidade confiscatoria. As casetas asistentes á Feira están aquí despois de desembolsar máis de 3000 € cada unha, canto ten que vender 1 sóa caseta para recuperar ese investimento? Resultado desta política é que non haxa presente xa ningunha librería de Compostela agás a Libraría a Palabra Perduda e a Libraría Pedreira (as que, pola súa escasa marxe de vendas na vila, acoden a certames deste tenor para incremetar cota de ingresos; e porque ademais están vinculadas directamente ó BNG, partido que ostenta a mancillada e outrora potente Concellaría de Cultura).

Pero, non é xa en si mesmo unha mostra de decadencia que só vaian de máis de 15 librarías municipais a daqueles propietarios que, casualmente, comparten carné político co concelleiro de Cultura? Caeme a cara de vergonza. Choro por esta compostela pequena, minúscula, que estamos a construír. O esplendor doutrora apagado de forma mortecina por un grupúsculo de patéticos ‘senatoris’. Que triste traer as lembranzas ó presente e ver que as importantes citas de antano, no canto de evolucionar e crecer, están caendo no cutre e no insubstancial. Unha pena.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s